Matriculación de alumnado para o curso 2025-2026

Publicado o 5 Xuño, 2025 na sección Zona Alumnado, Administración, Secretaría por Alberte Zato

matriculas.jpg

 

 RECOLLIDA IMPRESOS DE MATRÍCULA

Pódense recoller NA CONSERXERÍA do IES do CASTRO nas seguintes datas:

• O alumnado do CEP Dr. Fleming que vai cursar 1° de ESO e dos demais centros para calqueira nivel que teñan praza adxudicada: A partir do martes 17 de xuño.

• O alumnado do noso centro lES do CASTRO: A partir do día de entrega de notas, mércores 25 de xuño (preferiblemente entregaranse coas notas).

  

DATAS DE MATRICULACIÓN

 • Para 1º ESO, alumnado do CEP Dr. Fleming: luns 23 e martes 24 de xuño.

• Para 2º bacharelato, alumnado aprobado na convocatoria ordinaria: mércores 25 de xuño.

• Para 1º bacharelato e 2º bacharelato (alumnado da convocatoria extraordinaria): xoves 26 de xuño.

• Para 4º ESO: venres 27 de xuño

• Para 3º ESO : luns 30 de xuño.

• Para 2º ESO: martes 1 de xullo

• Para 1º ESO, alumnado repetidor ou doutros centros: mércores 2 de xullo.

  

PRAZO MATRICULACIÓN:

matricula-25-ok.jpg

 

HORARIO: todos os días de 9:00 a 14:30 horas. Ademais, os días indicados con * tamén en horario de tarde, de 16:30 a 19:00 horas

 

O PRAZO REMATA O LUNS 7 DE XULLO

 

pdf2.png

datas-matriculas-2025-ok.pdf

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Canguro Matemático 2025

Publicado o 3 Xuño, 2025 na sección Zona Alumnado, Matemáticas por Alberte Zato

canguro1.png

Listaxe do alumnado premiado na fase nacional

https://canguromat.es/resultados-y-premios-2025/

 1ºESO

Posto 31. Alfonso Rodríguez Treinta. 1ºD

Posto 56. Anxo Platero Iglesias. 1ºB

2ºESO

Posto 32. Marta Enríquez Vázquez. 2ºA

Posto 92. Pablo Uhía Castaño. 2ºA

3ºESO

Posto 1. Irene Ariza Pintos. 3ºA

Posto 41.  María González Pazos. 3ºB 

 

por-cursos-2025.png

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Fondo solidario de libros de texto a axudas para a adquisición de ídem e material escolar

Publicado o 2 Xuño, 2025 na sección Zona Alumnado, Administración, Secretaría por Alberte Zato

books-stationery-61.png

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Curso 2025/2026

Prazo de solicitude: do 16/5/2025 a 20/6/2025, incluídos

Texto da convocatoria: ORDE do 28 de abril de 2025 (DOG do 15 de maio)

Procedemento administrativo: ED330B

 

Toda a información neste .pdf

pdf2.png

fondo_libros_25_26.pdf

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Premios extraordinarios de bacharelato 2024-2025

Publicado o 28 Maio, 2025 na sección Zona Alumnado por Alberte Zato

premios.png

 O vindeiro 3 de xuño publicarase no DOG a Orde do 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025 (código de procedemento ED311A). 

O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de bacharelato terá dúas fases diferenciadas:
•    Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos premios extraordinarios de bacharelato (proba PEB).
•    Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato.

A proba PEB terá lugar o 18 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

O prazo de matrícula para realizar a proba PEB será de 5 días hábiles, do 4 ao 10 de xuño de 2025, ambos inclusive.

As listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas da proba PEB publicarase o día 11 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)
O prazo de corrección de erros na matrícula na proba PEB será de 3 días hábiles, do 12 ao 16 de xuño
As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na proba PEB publicarase o día 17 de xuño no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)

Pode consultar toda a información desta convocatoria no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) e dirixir calquera consulta ao respecto ao enderezo de correo electrónico premios@edu.xunta.gal

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Reunión informativa sobre o Programa do Diploma do Bacharelato internacional (IB)

Publicado o 16 Maio, 2025 na sección Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

dp-programme-logo-es-525.png

 Reunión  informativa sobre o Programa do Diploma do Bacharelato internacional (IB) para todas as familias interesadas.

 Horario: lunes 19 de maio de 2025, ás 18.30 horas no IES do Castro

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Olimpíada Matemática de 2°ESO. Edición 2025

Publicado o 14 Maio, 2025 na sección Zona Alumnado, Matemáticas por Alberte Zato

99a1096c-f37f-4c90-a7dd-94f766c19160.jpg

Parabéns ao alumno Santiago Pérez Carrera (2º ESO D)  que foi seleccionado para a fase final galega que se celebrará en Lugo o día 15 de maio.

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Proceso de admisión para o curso 2025/26: apertura da secretaría o día 2 de maio

Publicado o 29 Abril, 2025 na sección Administración, Secretaría por Alberte Zato

reserva_praza.png

 

O próximo día 2 de maio, a pesar de ser día non lectivo propio, a secretaría do centro estará abierta de 10 a 13:00 para atender posibles reclamacións á lista provisional de admitidos/as. 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo