Convocatoria de proba escrita para alumnado coa materia de inglés 1º de Bacharelato pendente

Publicado o 16 Abril, 2018 na sección Zona Alumnado, Exames, Convocatorias, Lingua Inglesa por Alberte Zato

 exame_escrito.jpg

Convócase o alumnado que se atope nas condicións sinaladas no título deste artigo, e que non aprobaron ou non se presentaron á proba do mes de febreiro 2018, á realización dunha proba escrita.

Esta proba escrita, cunha duración de 60 minutos, realizarase sen axuda de dicionario e estará baseada nos contidos mínimos para este nivel da Programación Didáctica deste Departamento e tamén nas probas anteriores.

 

Lugar, data e hora:

 

Probas para pendentes de 1º de Bacharelato: Aula 211

  • Luns, día 23 de abril do 2018, ás 18.11 horas.

 

No caso de non supera-la proba ,(5 puntos ou máis), no mes de setembro haberá unha nova oportunidade, pero evidentemente non poderá aprobar a materia de Inglés 2º de Bacharelato ata superaren o nivel previo .

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

CIRCULAR FOLGA ESTUDANTES 19 DE ABRIL

Publicado o 16 Abril, 2018 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

Para visualizar as instruccións para a xornada de folga, premer no seguinte enlace

circularfolgafamilias.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Concurso de relatos curtos 2018

Publicado o 15 Abril, 2018 na sección Zona Alumnado, Biblioteca por Alberte Zato

concurso-relato-curto-2018.jpg

Clique na imaxe para vela a tamaño 1:1

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2018: Publicadas as listaxes

Publicado o 6 Abril, 2018 na sección Zona Alumnado por Alberte Zato

   polilingual.jpg

 Publicadas as listaxes correspondentes á convocatoria de  axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 7/02/2018).

Estas listaxes atópanse publicadas na Web do Programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle) e tamén poden consultarse na secretaría do IES do centro

 tri_national.png

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Bioloxía 1º de ESO

Publicado o 8 Marzo, 2018 na sección Zona Alumnado, Bioloxía e Xeoloxía por Alberte Zato

La gripe española que no era española

 20180112185006347271.jpg

En 1918 tuvo lugar una epidemia de gripe extraordinariamente agresiva que afectó a todos los países del planeta. Se calcula que murieron en total unos 40 millones de personas.

Si bien se ha demostrado que los primeros casos tuvieron lugar en Kansas (EEUU) fue llamada gripe española porque la epidemia recibió más atención en la prensa en España que en el resto de Europa, ya que España al no estar involucrada en la 1ª Guerra Mundial no censuró la información sobre la enfermedad.

Descarga de apuntes

 .pdf

1_reproduccionsexualasexual.pdf

2_celulasvirus.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Erasmus+ DISPUTE, DISCUSS, DEVELOP como exemplo de boas prácticas (EUROPEAN GOOD PRACTICE)

Publicado o 28 Febreiro, 2018 na sección +Erasmus Project por Alberte Zato

 A COMISIÓN EUROPEA vén de seleccionar o proxecto Erasmus+ DISPUTE, DISCUSS, DEVELOP como exemplo de boas prácticas (EUROPEAN GOOD PRACTICE).

Desde setembro de 2016 ata agosto de 2017 o IES do Castro participou, xunto con outros tres centros europeos de Hungría, Letonia e Grecia, no programa europeo Erasmus+, cun proxecto chamado Dispute, Discuss, Develop,

O proxecto consistiu en preparar aos estudantes para debater e participar en catro competicións de debate (unha en cada un dos centros participantes) sobre temas científicos, políticos, literarios, tecnolóxicos e de cidadanía.

Para a realización das actividades e mesmo para a mobilidade de estudantes e profesores acompañantes, o proxecto recibiu unha subvención da Comisión Europea, razón pola cal debeu someterse a un control de seguimimento ao finalizar o primeiro ano e  a unha avaliación externa ao finalizar o segundo ano, que tivo en consideración cuestións como a relevancia do mesmo, a xestión, a difusión, os reultados e a calidade dos productos.

A puntuación recibida foi  moi satisfactoria, xa que acadomos 93 puntos de 100; hai uns días o proxecto foi seleccionado pola Comisión Europea como exemplo de boas prácticas  ( “European Good Practice” ), distinción que premia o esforzó e traballo ben feito.

A web do proxecto (http://www.idebate.eu/)  aparece xa enlazada na páxina da Comisión Europea:

https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/projects/eplus-project-details/#project/2015-1-HU01-KA219-013504

Na etiqueta E-LIBRARY pódese acceder aos productos que consideramos máis interesantes neste proxecto. 

1. O booklet, un documento onde se recollen exemplos de actividades  de aula realizadas en cada un dos centros co obxetivo de preparar aos estudantes para as actividades de debate, transcripción das finais das competicións de debate, fotos dos encontros, etc

http://www.idebate.eu/wp-content/uploads/2017/10/booklet-debating.pdf.

2. O video tutorial, composto, gravado e editado polo equipo ERASMUS deste centro.

 https://drive.google.com/file/d/0Byek-hbhpjNuYUE1TlEyelRpNjQ/view

Na etiqueta LIVE DEBATES pódense ver as finais das catro competicións de debate, unha en cada país:

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo