Premios Extraordinarios de Bacharelato

Publicado o 15 Xuño, 2015 na sección Zona Alumnado, Secretaría por Xefatura de Estudos

A convocatoria de acceso aos premios extraordinarios de bacharelato a tedes no seguinte documento:

premios-extraordinarios-de-bacharelato.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Préstamos de verano

Publicado o 11 Xuño, 2015 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

BIBLIOTECA

PRÉSTAMOS DE VERANO

CURSO 2014-2015

 

 FECHA PARA HACER EL PRÉSTAMO: Del 15 al 19 de junio

FECHA PARA RECOGER LOS LIBROS: 24 de junio

NÚMERO DE LIBROS: 5

PROCEDIMIENTO:1.  Escoger los libros

2.  Entregarlos al profesor de biblioteca con un folio con vuestro nombre

3.  El profesorado de Biblioteca los registrará en vuestro nº de lector

4.  Recogerlos en la Biblioteca

wwwkizoacom_descarga.jpg wwwkizoacom_descarga.jpg

SE RECUERDA  A TODO LOS USUARIOS Y USUARIAS DE  LA BIBLIOTECA QUE ESTOS DÍAS HAN DE SER ENTREGADOS TODOS LOS PRÉSTAMOS QUE ESTÉN TODAVÍA EN SU PODER.

MUCHAS GRACIAS

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Parabéns á nosa alumna Isabel Gradaille Gil!

Publicado o 10 Xuño, 2015 na sección Zona Alumnado, Matemáticas por Alberte Zato

XXVI  OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA  -  ANO 2015 

Isabel Gradaille Gil, alumna de 2º da ESO deste instituto, clasificouse para representar a Galicia na fase final da XXVI Olimpiada Matemática Nacional para alumnas e alumnos de 2º da ESO que este ano se celebrará do 24 ao 28 de xuño en Huesca.

fotoisaolimpiadamates.jpg

 Parabéns e boa sorte!!!!!!!

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Calendario Fin de curso 2014-2015

Publicado o 8 Xuño, 2015 na sección Zona Alumnado por Xefatura de Estudos

No seguinte documento aparece o calendario fin de curso para o alumnado da ESO e 1º de Bacheralato:

calendario-fin-de-curso-alumnado-2014-15.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Información sobre axudas de libros para o curso 2015-16

Publicado o 8 Xuño, 2015 na sección Zona Alumnado, Secretaría por Xefatura de Estudos

No seguinte pdf aparece a normativa para solicitar axuda para mercar libros de texto:

axudas-para-libros.pdf

No seguinte pdf aparece a normativa para participar no fondo social de libros de texto:

fondo-de-libros.pdf

 

Para acceder a listaxe provisional de alumnado admitido no fondo solidario de libros premer no seguinte documento:

lista-alumnado-admitido-no-fondo-solidario-de-libros.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Despedida da Promoción 2014

Publicado o 4 Xuño, 2015 na sección Celebracións, Despedidas, Zona Alumnado por Alberte Zato

arrow_up1.png

Ollo! A reportaxe da Despedida da Promoción 2015 está no menú de por enriba

http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?page_id=3096

 

 

 

despedida2014.jpg

 

Clique nas imaxes para velas a tamaño 1:1

A dirección e os Oradores

img_5774.jpg

img_5772.jpg

 img_5784.jpg

img_5785.jpg

img_5765.jpg

img_5795.jpg

 

O lugar cos seus protagonistas:

img_5769.jpg

img_5775.jpg

 img_5778.jpg

img_5779.jpg

 img_5780.jpg

 img_5781.jpg

img_5786.jpg

 img_5787.jpg

img_5789.jpg

 img_5793.jpg

img_5796.jpg

 

As actuacións

img_5798.jpg

 img_5799.jpg

 

Os verdadeiros protagonistas

 img_5804.jpg

 img_5807.jpg

img_5808.jpg

img_5810.jpg

img_5811.jpg

 img_5812.jpg

img_5813.jpg

 img_5814.jpg

img_5816.jpg

 img_5817.jpg

img_5818.jpg

 img_5819.jpg

img_5821.jpg

 img_5822.jpg

img_5823.jpg

 img_5824.jpg

img_5825.jpg

 img_5826.jpg

img_5827.jpg

 

2º Bacharelato A

 img_5832.jpg

 

2º Bacharelato B

img_5835.jpg

 

2º Bacharelato C

 img_5838.jpg

 

2º Bacharelato D

 img_5841.jpg

 

2º Bacharelato E

 img_5842.jpg

 

Fotos da promoción

img_5843.jpg

img_5845.jpg

img_5847.jpg

 img_5848.jpg

Reportaxe gráfica de Elena Guerra, e tratamento dixital de Alberte Zato

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Xornada etnográfica e de lecer para o 1º ciclo da Eso

Publicado o 26 Maio, 2015 na sección Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

O curso para algúns xa está resolto e, para outros a piques de rematar; as actividades amontóanse, pero isto  non é  motivo  para renunciar a elas; máis ben diriamos que axudan a calmar as tensións acumuladas pola fin de curso e o tempo de verán. Con tal motivo, o luns, vinte e cinco de maio, o Instituto organizou unha actividade ao aire libre para todo o alumnado  do 1º ciclo, uns en dirección a Baiona e outros ao Rosal.

muino.jpeg

No interior do muíño

O punto de máximo interese está nos coñecidos popularmente como muíños do Folón e do Picón, no concello do Rosal. Este conxunto de construcións, que seguen, practicamente, o mesmo patrón arquitectónico: catro paredes, unha porta, un pequeno ventanuxo e unha soa vertente de augas máis unha pequena presa de auga, é todo un exemplo do esplendor que acadou en séculos pasados o aproveitamento de cereais como o millo, trigo, centeo ou cebada neste concello. En palabras do propio guía viría a ser algo así como o que hoxe coñecemos por un  polígono industrial.

Na actualidade os muiñós están parados, a non ser un deles que é empregado como centro de interpretación desta anterga actividade: a de muiñeiro. Disque nestes muíños e outros de Galicia tería nacido o ritmo da Muiñeira, quizais debido ao son  que emite a moa  ou a imaxinación dos protagonistas que tantas horas pasaban, sós ou acompañados, e que eran lugar de encontros semiclandestinos dalgunhas parellas que non tiñan outro lugares máis axeitados para atoparse.

montse.jpeg

Ascenso polos muíños do Folón

O interior deste muíño conserva todos os elementos necesarios para facer unha demostración de como a forza motriz da auga permite que se mova a moa e por rozamento se obteña a fariña. Algunha que outra curiosidade como o dispositivo que impedía que as pedras se degradasen pola falta de gran, ou que esta é a maior concentración de muíños de toda Galicia en fervenza para aproveitar a auga que vén dos montes de San Miguel de Oia. Por certo, os efectos devastadores do lume de hai dous anos aínda mostran a faciana máis lúgubre de semellante atrocidade.Só algunha que outra sobreira conseguiu sobrevivir e recuperar parte do verde natural.

Despois da lección de moenda, iniciábase o ascenso pola parte do Folón, non sen dificultades para moitos dos participantes, porque a encosta é abondo pronunciada ata chegar a unha pequena chaira para repoñer forzas á sombra dalgunha das poucas árbores que se conservaron. O carreiro sobre pegado á ringleira de muíños e, como non podía ser doutro xeito escoitando o batuxar da auga que aínda nestes días baixa con bastante forza.

descanso.jpeg

Descanso á sombra dalgunhas sobreiras

Desde o alto do monte, e agora moi visible desde que ardeu toda a vexetación, dirixímonos ata o lago Azul, formado nunha pequena aba do monte mirando cara ao monte Aloia, todo un exemplo de fervenza e lagoa natural de augas transparentes que en día tan caloroso invitan a refrescarse.

O descenso pola parte do Picón non é nada doado, porque os carreiros seguen sendo moi irregulares e os que non estamos moi acostumados a estas xeiras resentímonos un pouco.Dicir, unicamente, que a disposición dos muíños tamén é en cascada e que incorporan algún elemento arquitectónico novo: un alboio ou pequeno espazo anexo ao muíño que serviría para protexer as persoas e os animais en días de temporal ou mesmo como fogar do muiñeiro.

lago-azul.jpeg

Segundo o guía, disque lle chaman o lago Azul

Despedímonos do Rosal, cerne da horta galega polo seu clima tan benigno, e encamiñámonos de cara á Guarda para ascender ata o Trega. Desde o alto do monte, en día tan claro e de tanta calor, a paisaxe resulta conmovedora: por unha banda o pai Miño e, pola outra, o ancho océano Atlántico, e, aos nosos pés, as pegadas dos memorables celtas coa multitude de construcións castrexas e outras romanas.

Xa chegou de baño cultural e agora toca desfrutar doutra belez natural ao pé da foz do río Miño: a praia, para ir dando remate á xornada e dirixirse a Vigo.

ibra.jpeg

Descenso pola parte do Picón

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Reclamacións ás cualificacións finais de 2º curso de bacharelato- xuño 2015

Publicado o 12 Maio, 2015 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, +++Documentos e formularios de interese, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

Para acceder á información simplificada, elaborada pola Dirección do centro, sobre as reclamacións das cualificacións de 2º de Bach premer no seguinte enlace:

reclamacions-finais-2_de_-bacharelato.pdf

Circular da Dirección Xeral de Educación sobre o procedemento a seguir nas reclamacións de 2º de Bach:

circular-reclamacions-2_bach.pdf

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo