Folga do día 9 de maio

Publicado o 8 Maio, 2013 na sección Zona ANPAs por Xefatura de Estudos

nota_anpa.jpg

FOLGA NO SECTOR DO ENSINO. A FOLGA DAS FAMILIAS. XOVES 9 DE MAIO

A ANPA do IES do CASTRO acordou seguir a convocatoria de folga da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para o día 9 de Maio. A folga é unha protesta contra dos recortes na Educación e contra do anteproxecto de reforma educativa -a LOMCE-, que nos fai retroceder décadas no acadado con tanto esforzo. Rexeitamos a LOMCE porque é un anteproxecto de lei que reproduce un sistema xerárquico e empresarial para o funcionamento dos centros, e dificulta o acceso das clases populares á educación, impoñendo unha educación baseada fundamentalmente na competitividade, afondando a exclusión social e a desigualdade, e desprezando o ensino equitativo, inclusivo e integral, cuxo obxectivo principal debe ser a formación de persoas críticas e responsábeis. Unha lei ao servizo da patronal do ensino privado concertado e da mercantilización da educación que confirma os actuais concertos educativos, e legaliza os centros que segregan alumnado por razón de sexo. Unha lei que deixa ao Consello Escolar sen atribucións decisorias, e ás familias un mero papel de tertulianos nun órgano onde un director imposto toma as decisións.

As ANPAs do IES do Castro, Fleming e Villalaura faremos o xoves unha marcha, xa autorizada pola Delegación do Goberno. Nos congregaremos na Praza do Fleming ás 10:30, para partires en grupo e con pancartas ata o IES do Castro, e logo cara á Praza de España para chegar alí ás 11:30, hora da manifestación Xeral.

Invitamos a tódolas nais, país, profesores e alumn@s que compartan as nosas preocupacións e vaian á folga, a sumarse a esta marcha conxunta dos tres centros que é a marcha de tod@s, e vir xunto con nós á Manifestación Xeral da Praza de España.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Celebracións do 20º Aniversario do IES do Castro

Publicado o 5 Maio, 2013 na sección Celebracións, Vicedirección por Alberte Zato

celebracions_20.jpg

PROGRAMA 20 ANIVERSARIO

MÉRCORES, 15 DE MAIO

19′00  LURDES  PRESENTA  A GUÍA DAS ÁRBORES DO IES DO CASTRO

CHARLA DA HISTÓRICA PROFESORA DE HISTORIA CARMEN PUEYO, “MELELA”.

21′30 CEA  NÁUTICO

(Estas dúas actividades son para profes xubilados e en activo e para PAS xubilados e en activo)

23′30-24′00 COPAS NO TQM  (prezo especial 3€) (Esta actividade é tamén  e sobre todo para ex-alumnos/as)

XOVES, 16 DE MAIO

RAPSODAS DE PDC RECITAN A ROSALÍA POLAS AULAS DE 3º E 4º

RECITAL DE POESÍA CLASICA EN GALEGO DE 1º D PARA  1º BAC.

TEATRO LIDO  PARA 1º CICLO

ROTULACIÓN DE ÁRBORES DE AXENDA 21 (3º ESO)

FINAL DO TORNEO DE FUTBOL

MAIOS E COPLAS

COMIDA CAMPESTRE CON POLBEIRA E GAITEIRAS

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O luns, día 22 de abril, non haberá actividade lectiva

Publicado o 15 Abril, 2013 na sección Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

sen_clase.jpg

Recordamos ós membros da comunidade educativa do IES do Castro que o próximo luns 22 de abril o Centro permanecerá pechado, por ser este un dos días de libre disposicición escollido como non lectivo polo Claustro do Centro e autorizado pola Xefatura Territorial de Educación.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Consellería de Educación: Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras do alumnado

tri_national.png

yellow_inverted_commas.pngAnte a publicación no DOG do día de hoxe da Orde do 18 de marzo de 2013, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria, co rogo da súa difusión entre o alumnado posible beneficiario destas axudas.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 23 de marzo e remata o día 22 de abril.

A información sobre este programa, así como a aplicación “en liña” que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Sinálase que, no caso dos centros concertados, en educación secundaria obrigatoria as certificacións serán asinadas polo director ou directora do centro educativo co visto e prace da inspección educativa, e no caso das ensinanzas de bacharelato e de formación profesional, as certificacións asinaraas o secretario ou secretaria do centro público no que se atope o expediente académico e co visto e prace do director ou directora dese centro.

 

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

O Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado,

Manuel Vila Lópezyellow_inverted_commas_close.png

 

Cartel informativo en pdf

 .pdf

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/axudasle/CARTEL%202013.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Nova revista “Gimp” de balde

Publicado o 30 Marzo, 2013 na sección Dinamización de T.I.C.s por Alberte Zato

Nova revista GIMP de balde (moi útil para tódolos os usuarios/as desa magnífica aplicación)

 Témome que require inglés, que lle imos facer!

gimp_magazine.jpg

http://gimpmagazine.org/

Tres números publicados polo de agora:

 

 

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Foto da semana 22 Marzo-1 Abril 2013

Publicado o 22 Marzo, 2013 na sección Foto da semana, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

 

Clique na imaxe para vela a tamaño 1:1

foto_da_semana_mar22_2013.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Día da Poesía 21 de Marzo: Recital no IES do Castro

Publicado o 22 Marzo, 2013 na sección Zona Alumnado, Actividades, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

 

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Exames de materias pendentes de 1º de bacharelato curso 2.012-13

Publicado o 15 Marzo, 2013 na sección Exames, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos
pendentes.jpg
Materia Día Hora
Economía Mércores, 24 de Abril 16:30 h
Filosofía e Cidadanía Xoves, 25 de Abril 16:30 h
Física e Química Martes, 23 de Abril 16:30 h
Grego I  Martes, 23 de Abril 16:30 h
Hª do Mundo Contemporáneo Martes, 23 de Abril 16:30 h
Inglés I Luns, 6 de Maio 18:15 h
Latín I Martes, 30 de Abril 16:30 h
Lingua Castelá e Literatura I Xoves, 18 de Abril 16:30 h
Lingua Galega e Literatura I Xoves, 2 de Maio 17:00 h
Matemáticas Aplicadas I Martes, 30 de Abril 16:30 h
Matemáticas I Martes, 30 de Abril 16:30 h
Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo