Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Na Punta da Lingua - Informe de Enquisa 2013

tonguetip.jpg

 

.pdf

 

Na Punta da Lingua - Informe Enquisa 2013

 

Máis boletíns “Na punta da Lingua” dispoñíbeis no blogue do equipo de Normalización Lingüística do IES do Castro

recursos.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Regulamento TROCA-LIBROS da ANPA do IES do Castro

Publicado o 14 Xuño, 2013 na sección Zona ANPAs por Directora

troca-libros.jpg

O Regulamento do troca-libros está no seguinte PDF:

 .pdf

Regulamento Troca-libros da ANPA do IES do Castro

 

NOTA AOS PAIS/NAIS E AOS ALUMNOS/AS DO IES dende a ANPA IES DO CASTRO

Sexas ou non socio da ANPA, se queredes participar no banco de libros de texto do IES, as datas definitivas son as seguintes:

Período para doar e traer os libros ao IES : XOVES 27 de XUÑO, das 10:30 ás 12:00 e das 17:30 ás 19:00; e o VENRES 28 de XUÑO, das 10:30 ás 12:00.

Período para recoller os libros : MÉRCORES 3 de XULLO, das 10:30 ás 12:00 e das 17:30 ás 19:00; e XOVES 4 de XULLO, das 10:30 ás 12:30.

Se queres participar coma voluntario/a na organización disto, envíanos un email ao buzón da ANPA anpaiesdocastro@hotmail.com. Podes encontrar as normas na web do IES.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Calendario de matrícula para o curso 2013-14

Publicado o 7 Xuño, 2013 na sección Administración por Xefatura de Estudos

calendario.jpg

No seguinte documento pódese consultar o calendario e a documentación necesaria para matricularse no curso 2013-14:

 

 

.pdf

calendario-de-matricula-para-o-curso-2013-14.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Calendario de fin de curso 2012-13

Publicado o 7 Xuño, 2013 na sección Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

findecurso.jpg

No seguinte documento pdf  podese consultar o calendario de fin de curso:

calendario-fin-de-curso-alumnado-2012-13.pdf

 

 .pdf

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Listas definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2013-14

Publicado o 3 Xuño, 2013 na sección Secretaría por Xefatura de Estudos

 admitido.png

No seguinte documento pdf pódese consultar o listado definitivo  de alumnado admitido e non admitido para o curso 2013-14:

.pdf

listado-definitivo-de-alumnado-admitido-e-non-admitido-para-o-curso-2013-14.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Despedida da Promoción 2013 de Bacharelato (reportaxe gráfica)

Publicado o 2 Xuño, 2013 na sección Celebracións, Despedidas, Zona Alumnado, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

class_of_2013.jpg

[Clíquese nas imaxes para velas a tamaño 1:1 de grande resolución]

 

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Maio verde

Publicado o 24 Maio, 2013 na sección Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

A semana do  dezasete de maio sempre ten algo de especial para o Instituto, porque se concentran varios actos culturais e festivos. Xa é unha tradición moi enraizada que na véspera das Letras Galegas  se aproveite para lembrar á persoa homenaxeada nese día, nesta ocasión a Roberto Vidal Bolaño e a Rosalía pola efeméride de Cantares gallegos, combinado con actividades deportivas e celebración dos Maios.Nesta edición, e logo dun traballo de documentación sobre a flora do xardín, tamén se levou a cabo a identificación  da maioría das árbores e dalgúns arbustos para que desta maneira, coñecendo o importante patrimonio vexetal que temos, o poidamos respectar e conservar. Esta tarefa queda enmarcada dentro das actividades da Axenda escolar 21 na que participan alumnado e profesorado.

img_5276.JPG

Os da Axenda escolar 21 preparados para o traballo

Este curso O Maio nos estivo moi lucido, aínda que non lles faltou vontade ao alumnado de 4º da ESO para simular un rostro que imitaría a Rosalía de Castro pola homenaxe que se lle rende este ano co motivo da publicación de Cantares Gallegos hai 150 anos.Por outro lado, tamén faltou a parte musical da interpretación das coplas que xa era ineludible en anos pasados, aínda que si algunha circulou por entre o alumnado, como por exemplo, estas:

Os mozos do Instituto

téñenlle medo ao fiúncho,

porque din que se se achegan,

pónselles cara de unto.

A figueira do xardín,

xa non sabe se chorar,

de tanta silva que hai,

nunca máis figos vai dar.

Á sombra do ombú,

á sombra hanse pór,

cando veña o inverno

e faga máis calor.

Neste vinte aniversario

queremos hoxe mentar,

a todos os que pasaron

ou por aquí han pasar.

img_5269.JPG

O maio foi como foi

Xa temos un motivo vexetal de fondo significado para o centro, o Ombú, e case estivemos a punto de contar cunha mascota; porque, entre outras sorpresas que nos deparou a sega da herba foi esta parella de gatos.

p1010290.JPG

U-los gatos?

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo