O alumnado de 1º da ESO clausura o ano internacional dos bosques

Publicado o 24 Abril, 2012 na sección Celebracións por Xulio Dobarro

O IES DO CASTRO CLAUSURA O ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES CUNHA PLANTACIÓN NO MONTE VECIÑAL DE CORUXO-FRAGOSELO

 

 pa025763.JPG

 

 COS CARRABOUXOS NUN PRIMEIRO PLANO,MENTRES FÁTIMA E BEA DE 4º DA ESO REPRESENTAN Á AXENDA 21.AS CHOIVAS DE ABRIL DEIXAN ESTE MANTO VERDE E UNHA VEXETACIÓN EXUBERANTE

O Instituto do Castro, en colaboración coa Comunidade de montes veciñais en man común de San Salvador de Coruxo vén de completar o labor inciado no ano 2011, ao coincidir este coa celebración internacional dos bosques e termos organizado diversas actividades entre ambas institucións.

No outono, cando o monte presenta unha face moi diferente á actual, levouse a cabo unha andaina co alumnado de terceiro da ESO para dar a coñecer e así respectar o patrimonio material e inmaterial que representan os montes veciñais en man común das parroquias periurbanas de Vigo; isto é, a importancia paisaxística, de lecer para diferentes actividades     deportivas (ciclismo, senderismo, rutas a cabalo, etc.) e, por que non, o interese económico que supón para as persoas que perciben un salario polo seu traballo e para a comunidade polos ingresos da madeira, biomasa, cogomelos, froitos en cantidade de castañas, cereixas, noces ou mesmo nísperos.

 

 

pa025757.JPG

   DEIXAMOS ÁS COSTAS A RÍA E INICIAMOS O ASCENSO CARA Á REGUEIRA DE LAXIADE

Agora, coa primavera, foi o alumnado de primeiro da ESO, o que o día 17 de abril, despois dalgunhas explicacións previas na aula, puido desfrutar dunha xornada -cremos que inesquecible para algúns- de inmersión na natureza.

                                O día, coa ameaza constante de brétema, orballo e choiva, non arredou os organizadores e profesorado acompañante para trasladarnos ata a aba do monte onde se atopa a sede da Comunidade de montes, preto da capela de San Sebastián. Aquí, Aroa, unha das persoas que traballa para aquela, explícalles aos rapaces algúns aspectos relativos ás enerxías renovables e, en particular, o aproveitamento dos restos vexetais para a elaboración de compost como substrato/abono e a biomasa paroutras enerxías. A seguir, todos os que quixeron puideron manosear o cómpost e depositar algunha semente de ameneiro, piñeiro, etc. como unha nova experiencia e, se é posible, o próximo ano velas crecidas.

Aproveitando que escampaba, saímos en dirección ao petroglifo de Carballoso -que non se viu pola dificultade no acceso- e, despois de deixar varios microhábitats atrás, modificados pola man humana, e poder ver como ao lado da flora alóctona (eucalipto ou acacacia negra) conviven especies autóctonas (carballo, nogueira, cerdeira, capudre, érbedo, etc) e desfrutando dunha especie de corredor verde sobre a Ría, aproveitouse para facerlles reflexionar ao alumnado sobre conceptos tantas veces teóricos como: illa (Toralla, Cíes), val(Fragoso), cabo (Home), praia/areal (Sami), península (O Morrazo), etc.

Iniciamos o ascenso pola cara oeste en dirección á Regueira de Laxiade, un dos recunchos mellor recuperados, que despois de ter pasado por debaixo de piñeiros, eucaliptos ou carballos nos adentran na regueira con vexetación propia dese entorno: freixos, abelairas, amieiros ou acivros e,como non, auga e pegadas de xabarín, tritón ou píntegas que coa humidade afloran nestes días.

 

 

pa025772.JPG

  MOMENTO DE MÁXIMO ESFORZO PARA ALGÚNS, MENTRES PABLO ANIMA AOS DEMAIS.

Bautizamos este recuncho como “O Castriño”, pola súa ubicación e relación co nome do Instituto.

 Unha vez repostas as forzas coa merenda matinal,continuamos co descenso cara ao punto verde, despois de rebasar outra regueira con abundancia de bosquetes con castiñeiros, acivros, bidueiros, cerdeiras, nogueiras ou espiños e mesmo unha árbore en flor:tulipeiro de Virxinia, que sorprende pola súa vistosidade, o mesmo que os carrascos violetas, toxos e xestas amarelos. Neste punto vemos como a máquina está a triturar o que vai ser o cómpost ou se vai destinar para a obtención de enerxía máis limpa.

En todo este percorrido non podía faltar unha explicación contundente do profesor especialista, de como o eucalipto se reproduce con tanta facilidade polas características morfolóxicas e a intervención humana para multiplicalo cando arde ou se tala, a pesar de que agora está ameazado por un escaravello que para combatelo tamén se consideran contaminantes os produtos fitosanitarios empregados. En conclusión, que calquera monocultivo é malo, porque ante unha praga, mesmo do castiñeiro, o panorama pode ser arrepiante como está a pasar co nematodo do piñeiro no sur da provincia de Pontevedra.

 Cando xa é mediodía, agárdannos nun recuncho do monte -ao que bautizaremos como O Castriño-,un grupo de tres operarios (Aos que damos as grazas de maneira especial)coas ferramentas (laia e sacho)propias da ocasión para cubrir o obxectivo máis importante: plantar unha árbore.

   A terra xa fora traballada polos operarios e así o labor resultou máis doado, aínda que non sinxelo porque para a maioría dos rapaces era a primeira vez que vían un sacho nas mans e iso non só era unha dificultade senón que tamén era un perigo polos movementos descontrolados das ferramentas que puideran acabar no corpo dalguén que tiña ao seu redor. Afortunadamente todo se resolveu satisfactoriamente e cada parella tivo o seu momento de gloria para facer o buraco, coller o carballo, depositalo no foxo e mesmo bautizalo. Cando estabamos a rematar, e aceptando que a natureza é sabia, empezou a chover para que os setenta carballos iniciásen así unha nova vida neste lugar escollido pola Comunidade de montes con vistas á cidade e que desde ese día os noventa nenos sentirán como algo máis seu e coa firme vontade  de voltar en anos posteriores.Para que a mañá fose aínda máis plena, e por aquilo do patrimonio inmaterial, non podían faltar unhas patadas ao balón aínda que xa chovía miudiño.

pa025771.JPG

A colaboración dos operarios foi fundamental

 

  pa025767.JPG

Cos eucaliptos ameazantes, o profesor explica algunha das maldades desa árbore

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria do Concurso de Relatos Curtos

concurso_relatos_curtos.jpg

 

 Clique na imaxe superior para ver as Bases e Normas

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Unha alumna do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional no IES do Castro, gañadora dunha das bolsas de estudos do Benjamin Franklin International School

Publicado o 10 Abril, 2012 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Lucía López Bejo

Antía Fernández Fernández , alumna de 2º E de Bacharelato, acadou  unha das dúas bolsas adxudicadas a España para participar no Instituto de verán Benjamin Franklin 2012, programa financiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos.

A alumna participará nun programa intensivo enfocado nos asuntos globais aos que se enfronta a mocidade en ambos os dous lados do Atlántico. Desenvolverase nunha localidade norteamericana,  aínda por determinar, durante catro semanas no verán de  2012, e reunirá aproximadamente a 45 estudantes de distintos países de Europa e Asia Central con 10 estudantes norteamericanos.

Os/as participantes levarán a cabo unha gran variedade de actividades: seminarios, programas de apoio comunitario e voluntariado, viaxes de estudo e eventos culturais. Traballarán nun proxecto conxunto e explorarán como os/as mozos/as de hoxe interactúan cos medios de comunicación, tanto na súa faceta de consumidores como de produtores de información. Abordarán tamén como a liberdade de expresión impón ás persoas cidadás tanto dereitos como responsabilidades.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Visita á Escola de Enxeñeiros Industriais.

Publicado o 29 Marzo, 2012 na sección Tecnoloxía por Luis Otero

 Dentro da programación do Departamento de Tecnoloxía o pasado martes, dia 27 de marzo,  o alumnado de 2º de Bacharelato Tecnolóxico fixo unha visita á Escola de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo. Desde as 10 da mañán ata as 13,30 recibiron toda clase de informacións por parte do profesorado dos Departamentos de Automática e de Materiais.

bellbot.jpg

No primeiro coñeceron a Bellbot, un robot que sirve de base para as probas do software elaborado na Escola con destino aplicacións diversas.
 

explicacion.jpg

No segundo fixeron un exhaustivo repaso polos contidos do tema “MATERIAIS E ENSAIOS” do programa de tecnoloxiá Industrial II
 

resizephp.jpg

Cando xa remataba a visita tivemos ocasión a de saludar a Miguel López, antiguo alumno do noso Instituto e hoxe brillante colaborador do proxecto XATCOBEO que ven de colocar en orbita un picosatelite de deseño e construcción propia.

grupo.jpg

Foto do grupo que realizou a visita xunto co profesor Paz do Departamento de Automática e a profesora Begoña Cortes e o profesor Luis Otero.
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Primavera de libros

Publicado o 29 Marzo, 2012 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

 BIBLIOTECA  LIBROS MES DE ABRIL

primavera-de-lubros.jpgprimavera-de-lubros.jpg

   XUVENIL

• Paolini, Cristopher. LEGADO. Rocaeditorial, 2012

• Moccia, Federico. ESTA NOCHE DIME QUE ME QUIERES. Planeta, 2012

• Denis, M. A CAZA DO GHAZAFELLO, XERAIS, 2012

• Jaureguizar. A COROA DE NAPOLEÓN, Xerais,2011

• Riveiro, Breogán. TONECHO DE REBORDECHAO. Xerais, 2010

• Larsson , Asa. LA SENDA OSCURA. SEIX BARRAL

• Larsson, Asa. CUANDO PASE TU IRA, Seix Barral,2012

  ADULTOS

• Lethiellereux, Maud. DESDE DONDE ESTOY VEO LA LUNA. Grijalbo,2012

• Parra, Nicanor. PARRANDA LARGA. Alfaguara,2012 ( Poesía)

•Rivas, Manuel. O MÁIS ESTRAÑO.CONTOS REUNIDOS.  Xerais,2012

• Grandes, Almudena. EL LECTOR DE JULIO VERNE. Tusquets, 2012

• De Luca, Erri. LOS PECES NO TIENEN LOS OJOS. Seix Barral,2012

• Auster, Paul. DIARIO DE INVIERNO. Anagrama,2012.

   CÓMIC

• Cid Doiro, José.  O DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO DE VIGO E A SÚA COMARCA.

Deputación  de Pontevedra,2012

DISPOÑIBLES NA BIBLIOTECA

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Artigo no “Atlántico Diario” sobre o Bacharelato Internacional no IES do Castro

Publicado o 1 Marzo, 2012 na sección Publicacións, Noticias do Programa do Diploma do BI, Dirección por Alberte Zato

 Pode lelo comodamente dende aquí; clique nel

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Reportaxe fotográfica do Entroido 2012 no IES do Castro

Publicado o 27 Febreiro, 2012 na sección Celebracións, Zona Alumnado, Actividades, Galería fotográfica, Vicedirección por Alberte Zato

entroido2012_web.jpg

Clique na imaxe ou na ligazón debaixo para visitar o sitio web dende onde se poderán ver as fotos da reportaxe e descargalas

As imaxes teñen unha resolución de 1000 px e 300 dpi, co cal a súa impresión será bastante aceptable

http://www.zatovisualworks.com/iesdocastro/entroido2012/

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Ao destino que nos leva o deporte

Publicado o 24 Febreiro, 2012 na sección Educación Física por Isabel Flores

 

Por Adrián F. Platero

O pasado luns, tivo lugar a final da Liga Interna de Baloncesto coa vitoria de Los Mataos sobre Los Vengadores nun tenso encontro marcado pola calidade de ámbolos dous equipos.

1.JPG 2.JPG
Cóllea! A que non ma quitas?

 Con esta final, remataba o torneo da Liga Interna de Baloncesto, un torneo que estivo marcado polo compromiso de xogar e de formar parte dun equipo. Onde, sen dúbida gañar era a prioridade, pero que, antes diso, sempre prima o feito de xogar limpo.

É bo saber, que neste torneo , se transmitiron valores tanto dentro como fóra do terreo de xogo, xa que sempre, incluso nos encontros máis difíciles de disputar, se optou polo “fair play” e o respecto por riba do propio triunfo.

3.JPG 4.JPG
E… canasta! E alí vai outra canasta!

 

 

Na final, soamente puido gañar un equipo, pero o certo é que houbo nivel de abondo para que no IES Do Castro tivésemos máis dun vencedor. Los Mataos foron os xustos vencedores, xa que desenvolveron durante todos os encontros unha grandísima forma de xogar ao baloncesto, pero non lle podemos quitar mérito ao papel que tiveron Los Vengadores así como os outros equipos que disputaron a Liga Interna.

Desde este artigo, queremos agradecer a todos os equipos que formaron parte deste torneo a súa participación.

O equipo que quedou no terceiro posto, o finalista e o campión recibirán un diploma como recompensa a súa actuación nesta liga. A entrega dos mencionados premios efectuarase o día que o Instituto conmemore o día das Letras Galegas (mediados de maio).

Por último, agardamos a tódolos equipos que participaron nesta liga na edición do próximo ano.

 

Equipo gañador: Los Mataos

 

2º clasificado: Los Vengadores

 

3º clasificado : Start Twin

 

 

5.JPG

O equipo gañador e o equipo de organización CAS

Equipo CAS:  xestión e organización da Liga de Baloncesto 2011-12

(1º -2º-3º ESO)

 

Clara Leboreiro: coordinación e fotos

 

Miguel Caramés: arbitraxe, deseño de carteis e diplomas

 

Adrián F. Platero: textos e arbitraxe

 

Carla Neira: actas, deseño de carteis

 

Kevin Stratmeyer: arbitraxe, deseño de carteis e diplomas

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo