Viaxe de estudos do alumnado de 1º E

Publicado o 23 Novembro, 2010 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

As Corcerizas

(Centro de Educación Medioambiental xestionado por Amigos da Terra)

 imagen8.png

O luns, día 25 de outubro, fomos ás Corcerizas (Serra de San Mamede) para realizar un proxecto CAS. O noso obxectivo principal era fomentar as nosas capacidades creativas e de acción social. Nos catro días que durou esta viaxe aprendemos a importancia de preservar o medio ambiente e como facelo, coñecemos a relevancia da reciclaxe e do comercio xusto; tamén vimos as diferentes clases de voluntariado que existen, para, nun futuro, pór os nosos servizos ó alcance da sociedade. Fixemos diferentes actividades para poder entender todo isto, como, por exemplo: camiñadas polo monte, rehabilitar un muíño, limpar un río, fabricar un compostoiro para un colexio de Primaria dos arredores…, xunto con outras actividades que nos axudaron a comprender mellor o mundo que nos rodea.

imagen5.pngimagen3.pngimagen4.png

Cremos que foi unha experiencia moi positiva, en xeral, para todo o grupo. Fomentou o traballo en equipo e a confianza entre os compañeiros. Grazas a este proxecto agora temos outra visión diferente e máis realista do mundo.

Aprendemos que hai unha alternativa máis equilibrada á vida que levamos normalmente. Afondamos en feitos coma o comercio xusto, o voluntariado e a reciclaxe mediante actividades prácticas que podemos desenvolver no noso día a día, e, ao mesmo tempo, contribuír co noso medio.

En xeral, á xente da nosa clase esta actividade gustounos moito. Coñecémonos mellor e melloramos a nosa capacidade crítica e obxectiva.

Texto e selección de fotos: Eduardo Fusco e Andrea Froíz

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Alumnado grego 2º bacharelato

Publicado o 19 Novembro, 2010 na sección Grego por Carmen Vilariño Agras

LECTURA 1º TRIMESTRE

iliada.jpg

      Poesía épica: Homero

      Canto I . A cólera de Aquiles.                  

      Canto VI . A despedida de Héctor e Andrómaca.

      Canto XVI. Patroclea ( A morte de Patroclo ).

      Canto XXII. A morte de Héctor.

      Este é o enlace onde podedes leelo online, ou ben, escoitar algún fragmento.

                                            www.ellibrototal.com  

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Nuevas amimaciones de Fïsica (1º E, 2º A, 2º B y 2º E)

Publicado o 18 Novembro, 2010 na sección Física e Química por Nieves
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

MAGOSTO

Publicado o 14 Novembro, 2010 na sección Actividades por Sande

magosto-01.JPG 

  Na friaxe húmida do parque forestal de Beade, coa ausencia do verán de sanmartiño, a xente máis nova gozou dos xogos e das castañas.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

De interés para 2º Bach. A.B y E (Física-Resonancia)

Publicado o 8 Novembro, 2010 na sección Física e Química por Nieves
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Celebración do Día da Ciencia en Galego

O pasado 4 de novembro a ciencia falou galego no centro.Diversos foron os actos que se celebraron ao longo da mañá.

As primeiras horas  os carteis que anunciaban a celebración do día, penduraba dende as escaleiras. Ninguén tiña que ser allego a esta celebración, CELEBRABAMOS O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.

 O alumnado de 3º da ESO baixou da aula  de tecnoloxía os seus traballos , co fin de que todos poidesen disfrutar das súas creacións. Un ascensor, distintos prototipos de coches e outros aparellos animaron a hora do recreo.

tecno-paint.jpg

Xogos matemáticos encheron o tempo de lecer de alumnos e profesores.Adicaron o descanso a intentar resolver difíciles e divertidos acertixos. Pero había premio, UNHA FERMOSA E APETITOSA MAZÁ.

mate-paint.jpg

Os de bacharelato tiveron sendas conferencias. Para os de 2º Bac. a departamento de Física e Química participou nuha video-conferencia xunto con outros centros de ensino . Os de 1º Bac asistiron a conferencia de Xosé Francisco Fernández Teijeiro sobre o político e científico galego Bibiano Fernández Osorio-Tafall.

Unha selección de libros científicos en galego estiveron expostos na entrada do instituto.

    libroa-apintn.jpg            

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Día da Ciencia en Galego

O próximo 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego , adicado a Ramón María Aller Ulloa, Alfonso X e James Clerk Maxwell. Diversos son os actos que se celebrarán nesta próxima semana, promovidos por distintas asociacións científicas galegascartellua.jpg

No instituto para celebrar ese día están programadas diversa actividades polos distintos departamentos didácticos da área científico- técnica e o departamento de normalización lingüística.

ACTIVIDADES 4 DE NOVEMBRO

RECREO

-XOGOS DE TERMOS CIENTÍFICOS EN BUSCA DE DEFINICIÓN.

-EXPOSICIÓN DE LIBROS CIENTÍFICOS ESCRITOS EN GALEGO.

- XOGOS MATEMÁTICOS.

12: 40 : CONFERENCIA DE XOSÉ FRANCISCO PARDO TEIJEIRO SOBRE O CIENTÍFICO-POLÍTICO GALEGO BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL( 1 º BAC. NA SALA DE CONFERENCIAS).

Para coñecer a figura do científico tema da conferencia podedes entrar neste enlace:

BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL 

 

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Unha lección de Física e Química

Publicado o 30 Outubro, 2010 na sección Zona Alumnado por Luis Otero

O noso antigo alumno Germán da unha lección de física no Congreso de Maxia.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo