Semana das Linguas Clásicas
Un ano máis os Departamentos de Latín e Grego fixemos no noso centro a Semana das Linguas Clásicas.
O obxectivo e achegar á nosa comunidade educativa o mundo grecolatino e as súas aportacións á cultura occidental:
- fixemos unha exposición cos libros de tema grego ou romano que hoxe en día son grandes ventas;
- proxectamos historias mitolóxicas, películas;
- un resumo das actividades realizadas polos nosos departamentos ao longo do curso:
- visita aos xulgados de Vigo,
- excursión a Tui para ver Medea e Miles gloriosus,
- viaxe a Roma
- presentación das/dos nosas/os alumnas/os ás Olimpiadas de Traducción de Textos Clásicos realizadas en Santiago de Compostela pola USC);
- repartimos poemas;
- disfrazámonos de gregos;
- introducímonos no mundo da moda (proxección e fotos dos desfiles de grandes marcas inspirados no vestido e no calzado grego e romano, así como na súa arquitectura e na súa cerámica;
- exposición de logos e nomes de marcas inspirados nos clásicos;
- exposición de textos e fotos de camisetas baseados na cultura grecolatina coa súa correspondente explicación).
Finalmente, co apoio de alumnas/os, profesores e persoal non docente, realizamos un photocall cara a defender a presencia das linguas clásicas no ensino.
Odi et amo. Quare id faciam, fortasse requiris.
Nescio, sed fieri sentio et excrucior.
(Catulo)
γνωθι σεαυτόν
(Inscrición no Ναός Απόλλωνος en Δελφοί)
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Convocatoria 2023 do programa VIGO en INGLÉS

Información, bases e presentación do programa para o alumnado que actualmente cursa 3º da ESO nesta ligazón
Imprimir este Artigo
Pendentes 1st of Bacharelato: Activities for Revising - 1 & 2
Instruccións:
- Estas actividades teñen coma obxectivo repasar os contidos que serán avaliados na proba especial de finais de febreiro 2024.
- En cada entrega haberá 4 documentos para catro habilidades: Grammar, Vocabulary, Reading and Writing
- Teñen carácter de obligatorias para comprobar o estado de compromiso do alumnado co desafío de aprobar esta materia pendente.
- Descargáranse dende este sitio web en formato .pdf. Débense imprimir e facer os exercicios nos impresos.
Activities 1
Descarga

Activities 2
Descarga

Imprimir este Artigo
Certificación B1 en lingua francesa

Certificación B1 en lingua francesa
O DIPLOMA , AS DATAS OS LUGARES DE EXAMEN
A certificación será a través da Alianza Francesa e proporcionará o diploma do DELF (Diplôme d’études en langue française) do nivel B1.
As probas se realizarán nas seguintes datas:
A- Probas escritas: mércores 26 de abril de 17.00 a 18.55
B- Probas orais individuais: entre o mércores 12 de abril e o sábado 13 de maio segundo a planificación de cada centro de examen. (No caso do bacharelato soe ser a primeira quenda)
Os centros onde se realizarán as probas están pendentes de confirmación. Nos últimos anos se realizaron entre o IES San Tomé e a sede da Alianza Francesa de Vigo, sita na rúa Argentina. Todo indica que non haberá cambios a este respecto.
O PREZO E PRAZO DE MATRÍCULA
O custo da inscrición a estas probas do nivel B1 deste ano é de 98,70 € . Como a Consellería oferta unha contía de 100€ por alumno/a que se presente, o prezo da inscrición quedaría cuberto pola beca.
O prazo de matriculación para as probas será entre o mércores 1 e el sábado 25 de febreiro de 2023. A selección do alumnado que opte ás becas se fará durante o mes de novembro.
INSCRICIÓN E BAREMO
A inscrición para a selección do alumnado interesado en participar nas probas se fará ata o 16 de decembro de 2022.
Será seleccionado aquel alumnado que obteña maior puntuación no baremo segundo os seguintes items:
1-Nota de francés do ano anterior: 10 : 2p; 9 : 1p; 8: 0,5p; 7: 0,25p
2- Nota media do curso anterior: 10 : 2p; 9 : 1p; 8: 0,5p; 7: 0,25p
3- Nota media de francés na ESO: 10 : 2p; 9 : 1p; 8: 0,5p; 7: 0,25p
4- Nota media de francés na ESO: 10 : 2p; 9 : 1p; 8: 0,5p; 7: 0,25p
** En caso de empate na puntuación total, prevalecerá o criterio da mellor nota media de francés na ESO e no Bacharelato.
Documentos en .pdf

Imprimir este Artigo
Resolución da convocatoria de 10 prazas de balde para Probas de Certificación e Acreditación Lingüística ECL no IES do Castro para alumnado de 2º de Bacharelato

No taboleiro de anuncios de departamentos do instituto atópase a resolución do Departamento de Inglés da convocatoria de 10 prazas de balde para Probas de Certificación e Acreditación Lingüística ECL no IES do Castro para alumnado de 2º de Bacharelato.
O prazo de reclamacións razoadas a dita resolución remata o lunes, 14 de novembro de 2022 ás 14:horas. As posíbeis reclamacións presentaranse por escrito no rexistro de entrada do instituto.
Imprimir este Artigo
Inscrición nas Probas de Certificación e Acreditación Lingüística ECL no IES do Castro

Como xa se indicaba en nota informativa previa o Departamento de Inglés de este instituto abre o prazo de preinscrición para Probas de Certificación e Acreditación Lingüística ECL para alumnado de 2º de Bacharelato.
Características:
- Concedéronse unicamente 10 prazas para o nivel educativo 2º de Bacharelato.
- As probas celebranse no IES do Castro tuteladas por unha entidade certificadora da nosa elección.
- Serán gratuitas para as familias.
- Segundo a nota obtida nelas poderase obtar ao seguintes niveis ECL:
- A2,B1,B2 e C1 (véxase o ligazón de información sobre estas certificacións debaixo).
- Como se estima que as inscricións superarán esa decena de prazas seguirase un baremo para a selección das mesmas. Información sobre o mesmo debaixo.
- O prazo de inscrición finaliza o día 2 de novembro de 2022 ás 14:00 horas.
- A inscrición presentarase en formato papel nun formulario oficial (dispoñibel para a súa descarga debaixo ou fisicamente na conserxería do instituto)
- O formulario de inscrición entregarase en man polo alumnado interesado ao profesor ou profesora de inglés deste curso, Prof. Pedro González e/ou Prof.ª Asunción Pereira, ou ben ao xefe do departamento, Prof. Zato.
- E polo de agora non hai que facer nada máis.
Baremo de selección a aplicar
SCALE OF ASSESSMENT
|
ENGLISH MARKS IN BACHARELATO 1 (0-10) |
STUDENT ON A SCHOLARSHIP |
PREVIOUS CERTIFICATES |
|||
|
Ten (10) |
6 points |
|
|
|
|
|
Nine (9) |
5 points |
YES |
2 points |
YES |
0 points |
|
Eight (8) |
4 points |
|
|
|
|
|
Seven (7) |
3 points |
NO |
0 points |
NO |
2 points |
|
Six (6) |
2 points |
|
|
|
|
|
Five (5) |
1 point |
|
|
|
|
|
From 0 up to 4 |
0 points |
|
|
|
|
Possible draws will be solved out according to this order of criteria:
1. ON SCHOLARSHIP | 2. NO PREVIOUS CERTIFICATES | 3. BEST MARK IN BACH 1
If draw keeps on unsolved, best average marking will decide.
Ligazón de interese

Descarga do formulario de inscrición
Imprimir este Artigo


















