Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Ficha de inscrición na ANPA do Instituto

Publicado o 10 Marzo, 2010 na sección Zona ANPAs por Alberte Zato

inscricion_anpa.jpg

 ↑ Clique para descargar

.pdf

Nota: Corrixido o número de conta da ANPA.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

As Corcerizas

Publicado o 10 Marzo, 2010 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

As Corcerizas

O día 2 de febreiro, un grupo de alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato E do IES do Castro iniciamos unha viaxe ata o centro de educación ambiental “As Corcerizas”, situado na Serra de San Mamede (Ourense), como proxecto do grupo de actividades CAS incluídas dentro do Bacharelato Internacional. Fomos ata alí en autobús, onde estivemos facendo algunhas tarefas de iniciación á xornada. Permanecemos alí ata o día 5, realizando actividades de voluntariado, recibindo charlas formativas sobre educación medioambiental e mellorando o ambiente do grupo. Durante a nosa estanza en dito centro, realizamos diversas actividades como a restauración de dous muíños de auga no pobo de Rebordechao, a construción de dous composteiros no centro, unha competición de orientación polo monte e unha ruta polo monte. Aloxabámonos nun albergue e dispuñamos dun comedor e un aula para as actividades de formación. As charlas formativas que recibimos foron sobre voluntariado europeo e os problemas globais que afectan ao medio ambiente. Para finalizar esta actividade, preparamos en grupos un esbozo de proxecto de voluntariado que despois presentamos fronte ás nosas compañeiras e compañeiros.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Día Internacional da Muller

Publicado o 8 Marzo, 2010 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

  

mujeres1.jpg

O día 8 de marzo celébrase o Día Intenacional da Muller. Nesta data conmemórase a loita que mantiveron e aínda manteñen moitas mulleres, para conseguir os dereitos , que polo feito da súa condición de muller, lles foron  e lles son vetados.

No ano 1975 a ONU recoñeceu este día como o Día Internacional da Muller e o Día da Muller Traballadora. Nesta data conmemóranse os acontecementos ocurridos nunha fábrica textil de Nova York, onde mulleres folgistas que revindicaban os seus dereitos , morreron queimadas.

No pasillo da biblioteca tedes un mural informativo sobre algúns aspectos desta loita revindicativa, e algunhas das súas protagonistas.

Na biblioteca atoparedes unha escolma de títulos sobre o tema.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Becas para inglés do MEC

Publicado o 8 Marzo, 2010 na sección +++Documentos e formularios de interese, Secretaría, Lingua Inglesa por Alberte Zato

scholarships.png

Para mestres/as e estudantes de maxisterio

Clíquese na imaxe para descargar o .pdf coas bases da convocatoria

zatoshot_boe_english1.jpg

Para xoves dende 16 a 30 anos

Cliquese na imaxe para descargar o .pdf coas bases da convocatoria

zatoshot_boe_english2.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego

Publicado o 3 Marzo, 2010 na sección Remitido, Normalización e Dinamización Lingüística por Alberte Zato

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

 

A CGENDL vén de presentar publicamente esta semana Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego, unha campaña que pretende transmitir no seo da comunidade educativa, e no conxunto da sociedade, un sentimento de orgullo pola lingua propia como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía, o credo ou a idade de cadaquén. Dende a CGENDL consideramos que a lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo. E esa é unha das mensaxes que, no momento en que estamos, cremos que hai lanzar á sociedade.

Na páxina da campaña (http://www.coordinadoraendl.org/orgullo) explícanse polo miúdo a iniciativa e as vías de participación nela. Para calquera consulta, non dubidedes en enviar os vosos correos a correo@coordinadoraendl.org.

Como se pode participar dende os centros escolares?

  1. Envío de vídeos e textos “orgullosos”:

Ao igual que un grupo de personalidades da cultura galega expresan o seu orgullo e a utilidade do galego nos dous vídeos de lanzamento, animámosvos a gravar vídeos e redactar textos nos que se exprese ese orgullo de contarmos co galego. E animámosvos a enviárnolos para seren compartidos na web. Isto non é un concurso, isto é unha campaña colaborativa feita entre todos e todas, unha pequena gran obra colectiva, o importante é participar, traballar co alumnado e lanzar esa mensaxe orgullosa. A creatividade está na comunidade educativa e as dificultades técnicas están aí para lles facer fronte: cunha cámara, un móbil ou calquera dispositivo audiovisual podedes elaborar o voso traballo.

  1. Difusión do material gráfico da campaña:

Na web ponse á disposición de todos os ENDL e do profesorado un material gráfico (camisetas, chapas, carteis, adhesivos, etc.) que se pode descargar de balde para a súa distribución. Igual que nos gustaría corresponder con agasallos e gratificar a participación aínda que fose humildemente, a CGENDL non posúe recursos de ningún tipo para editar e distribuír este material nos centros educativos. Isto depende de cada equipo mais emprazámosvos a poñervos en contacto con centros do voso contorno para editalo conxuntamente e reducir os custos, como xa se está facendo en diferentes puntos do país.

Así mesmo, pedímosvos a vosa xuda para difundir a campaña a través das webs e blogues dos centros e dos ENDL: dando conta da iniciativa, colgando os vídeos, convidando os contactos a coñecela (pódese enviar un correo dende a propia web), proxectando no colexio ou no instituto os vídeos, animando os compañeiros e o alumnado a sumarse á campaña nas redes sociais, etc.

Canle en Youtube: http://www.youtube.com/user/CGENDL

Canle en Vimeo: http://vimeo.com/coordinaendl

Grupo no Facebook: “Nós tamén estamos orgullos@s do galego”

Eventos no Tuenti: “Orgullos@s do Galego”

Consello Directivo

Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Unha de gregos e troianos

Publicado o 26 Febreiro, 2010 na sección Grego por Carmen Vilariño Agras

troia.jpg

Moitas son as versións cinematográficas, dende os comenzos do cine ata os nosos días, da moi afamada Guerra de Troia.

Alumnos/as de grego, sei de certo que todos vós “disfrutades moito” lendo as aventuras e desventuras de Aquiles  o dos pés lixeiros, sufrides coa morte de Héctor,  o de tremolante casco , e mesmo desaprobades a actitude de Paris, o fillo de Príamo , cando se nega a loitar con Menelao , o esposo de Helena, a de fermosas meixelas.

Sei de certo que se Homero erguese a súa cabeza, permitídeme recurrir ao máis puro estilo épico, tería esta versión de Guerra de Troia como a máis impresionante,  indescriptible e inesperada de todas as baseadas neste imperecedeiro mito.

Espero que agora disfrutedes con esta épica adaptación.

Así falan e así se moven os sempiternos deuses, os valerosos troianos e os aqueos de fermosas grebas.

 (Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

Para velo a pantalla completa clique na icona

 tv.png

Infografía: Alberte Zato

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo