AXENDA 21

Publicado o 23 Febreiro, 2011 na sección Taboleiro Transversal por Sande

A «A21EG» é un programa que ten como finalidade potenciar a educación para ao desenvolvemento sostible na oferta educativa dos centros de ensino de Primaria e Secundaria de Galicia. A A21EG supón cambios importantes na dinámica, na organización e nas prácticas pedagóxicas do profesorado do centro educativo, por iso o programa é concibido coas seguintes características:  

•A A21EG é un programa con obxectivos fundamentalmente didácticos, baseado nun modelo participativo, que busca a integración dos principios do desenvolvemento sostible no “proxecto educativo do centro”.  

•A A21EG, como “proxecto de centro” , debe ser asumido polos órganos de goberno do centro (claustro, consello escolar, equipo directivo e equipo docente) e por todos os estamentos da comunicade educativa (profesorado, alumnado, persoal non docente e familias). As consellerías CMADS e CEOU achegan as directrices marco e básicas do programa e apoian o proceso con medios materiais e humanos.

•A21EG é un programa marco, fai énfase na forma de facer, con vocación de estar integrada no Proxecto Educativo de Centro e nas diferentes actividades, programas ou plans (TICs, LECTOR, CONVIVENCIA, …)

 

As actividades xa previstas son:

 Nomes das árbores do recinto escolar e situalos no plano; ODM e reciclaxe de Nadal; Carteis, punto de intercambio e colectores de envases; Presentación Power Point de 1º de Bacharelato ( Economía) e traballo sobre desenvolvemento sustentábel; adopción das árbores do recinto escolar; concurso outra vida… de CAS.

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Club de Lectura

Publicado o 13 Febreiro, 2011 na sección Club de lectura por Carmen Vilariño Agras

LECTURAS PARA O SEGUNDO TRIMESTRE

Durante o segundo trimestre dúas son as lecturas que imos compartir no Club de Lectura. Paso a deixaros as reseñas dos libros.

Se algún dos membros non ten todavía o seu exemplar, que pase pola biblioteca a recollelo.

                                                  1º,2º,3ºESO

         

    tempus_fugit_ladrones_de_almas.jpg 

                                       JAVIER RUESCAS                 

O mundo tal e como o coñecíamos non existe, está inundado, asolado por unha extraña Plaga e controlado por unha empresa chamada Tempus fugit.Neste mundo vive Hanna, intentando desmantelar a esta empresa, a que odia polo que fixo a súa nai, para o que contará coa axuda dun persoaxe procedente do pasado, Pablo, e de moitas máis persoas das que non se esperaba nada.

                              4º ESO, BAC E PROFESORES E NAIS

                               enderezo-desconecido.bmp

      Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.

A POSTA EN COMÚN DAS LECTURAS ESTÁ PREVISTA PARA  A VOLTA DAS VACACIÓNS DO ENTROIDO.

Concha Otero e Carmen Vilariño.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Dia da Internet Segura

Publicado o 8 Febreiro, 2011 na sección Dinamización de T.I.C.s, Tecnoloxía por Luis Otero

Pulsar para ir a la web internetsegura.com en ventana nueva

Hoxe, dia 8, celébrase o dia da Internet Segura. Hai moitas iniciativas na rede para acadar un uso seguro . Existen perigos reais e agachar a cabeza fiando todo a sorte non é unha boa idea. Perde uns minutos informándote sobre o uso seguro na rede por exemplo aquí

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Concurso de relato curto

Publicado o 31 Xaneiro, 2011 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

               images.jpg

          CLIQUE NA IMAXE PARA ACCEDER AS BASES DO CONCURSO

Biblioteca do IES DO CASTRO

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Celebracións Día da Paz e a Non-violencia

Publicado o 28 Xaneiro, 2011 na sección Celebracións, Zona Alumnado, Actividades, Biblioteca por Isabel Flores

Dentro das celebracións do Día da Paz e a Non-violencia houbo un recital de poemas en varias linguas por parte de alumnado de 1º D para o alumnado do 1º ciclo da ESO. Carmen, Cristina, Fidel, Helena, Michelle, Nuria, Pablo foron as persoas encargadas das lecturas e o seu traballo foi acollido con ledicia e aplausos nas aulas correspondentes.

Durante o recreo Martín e Paula de 2º de Bacharelato nos recrearon coa súa música, preparada con cariño e adicación para esta ocasión. Nas fotos algúns momentos da actuación.

155-peq.JPG 157peq.JPG 159peq.JPG

 

Reseña do acto, por Isabel Gómez Alonso

 O pasado 30 de xaneiro celebrouse o día da paz no instituto. Especial atención obtiveron dous alumnos de 2º de bacharelato, Martín e Paula, que decidiron conmemorar esta data a través da música. Tras moitas xornadas de longos ensaios, ambos versionaron con éxito a canción “Space dementia” do grupo británico Muse. A maioría do alumnado asistiu ao pequeno concerto, no que Paula cantou e Martín tocou o piano. Esta actuación supuxo unha forma orixinal de celebrar o día da paz, xa que a través da creatividade aportada pola música ambos puideron facer énfase na necesidade de cumprir os dereitos humanos.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Día Escolar pola Paz e a Non-violencia

Publicado o 24 Xaneiro, 2011 na sección Biblioteca, Vicedirección por Carmen Vilariño Agras

O próximo 30 de xaneiro celébrase o Día escolar pola Paz e a Non-violencia. Con tal motivo no centro imos realizar diversas actividades. Esperamos a vosa colaboración e participación nas actividades que ao longo da semana realizaranse

        507020615bfe860f_o.jpg

Día Escolar pola Paz e a Non-violencia

30 XANEIRO 2011 

O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non-violencia. Para celebrar esta data no centro estamos a preparar actividades nas que esperamos que todos/as sexades partícipes, ou ben coa vosa colaboración ou ben coa vosa participación nas actividades propostas.Actividades previstas luns 24 - venres 28  de xaneiro

CORREDOR BIBLIOTECA BIBLIOTECA 
MURAL POLA PAZ selección de libros e Dvds
 mural onde expresar os nosos desexos de Paz, as nosas reflexións,poemas de creación propia ou poemas de poetas coñecidos e coñecidas   libros e dvds onde inspirarse, disfrutar ou aprender sobre este tema
MARTES 25  
RECREO Proxección ‘Powerpoint’ Gandhi (alumnos/as 2ªE CAS ) Reseñas Película Gandhi (alumnos/as 2ºE CAS )        
TARDE NA BIBLIOTECA Proxección da película GandhiLugar : BibliotecaHora  : 16:30-19:00 
MÉRCORES 26  
RECREO Obradoiro de papiroflexia. Pombas de papel. 
XOVES 27  
RECREO Proxección ‘Powerpoint’ Día da Paz. Cancións pola Paz.
TARDE NA BIBLIOTECA Proxección da película InvictusLugar: BibliotecaHora : 16: 30-19:00
VENRES 28  
RECREO  Música pola Paz -en directo -Martín González Ramírez e Paula Ferro Delgado- 2º Bach Proxección Dvds Día da Paz

Biblioteca, Vicedirección e CAS. 

 

 

                                      

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Campionatos de vela

Publicado o 19 Xaneiro, 2011 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

O alumnado de 1º ESO asistiu o pasado mércores 12 de xaneiro a unha charla sobre o deporte da vela impartida por alumnado de CAS. Esta clase ‘especial’ de EF tiña como obxetivo transmitir a importancia dunha vida sana e activa así como colaborar na integración deste alumnado na comunidade educativa, acercándolles neste caso a un maior coñecemento do Bacharelato Internacional e das actividades CAS en particular.

147-pequena.JPG

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Becas para Colegios del Mundo

Publicado o 19 Xaneiro, 2011 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

Colegios del Mundo

La Fundación Comité Español de los Colegios del Mundo Unido convoca un concurso para la adjudicación de  becas para cursar Bachillerato Internacional en los Colegios que tiene la organización a lo largo del mundo. La dotación de las becas, con carácter bienal,  incluye gastos de escolaridad, alojamiento y manutención en los Colegios. La Fundación estudiará en cada caso, con carácter extraordinario, la concesión de ayudas para los viajes.

Desde el mes de noviembre de 201o está abierta la nueva convocatoria para la concesión de las becas de 2011.

Mas información aquí.

Además la FUNDACIÓN BARRIÉ DE LA MAZA convoca becas para alumnado de Galicia para los Colegios del Mundo.

Información  aquí

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo