II Concurso de Felicitacións de Nadal

CONCURSO de Felicitacións Nadal 2011
MODALIDADES:
A) FELICITACIÓNS INFORMATIZADAS (en powerpoint, flash, …).
B) FELICITACIÓNS TRADICIONAIS (formato papel).
CATEGORÍAS:
I.- 1º, 2º e 3º da ESO
II.- 4º da ESO, 1º e 2º BACHARELATO
PREMIOS:
50 € en metálico por modalidade e categoría, segundo defina o Xurado
BASES:
1. Poderanse presentar traballos individual e/ou colectivamente.
2. Deberán ser traballos orixinais, e en galego.
3. Nalgún lugar deberá aparecer o nome e/ou logotipo do “IES O Castro de Vigo”.
4. As felicitacións tradicionais faranse nun formato non superior a DIN A4 (210×297 mm.)
5. O xurado poderá declarar deserto calquera premio se estima que non se acada un nivel mínimo de calidade ou orixinalidade.
6. Os traballos presentados serán expostos nas instalacións do centro e na web do instituto.
7. O prazo de presentación dos traballos rematará o 19 de decembro, e o fallo do xurado farase público o día 21 dese mes.
8. Os traballos non regrados na programación académica do Centro serán entregados no buzón da ANPA (modalidade B ou disco en modalidade A) e no correo electrónico anpaiesocastro@hotmail.com (so modalidade A), indicando os seguintes datos: nome(s) e apelidos, e curso.
9. O xurado é composto por 2 membros da ANPA, 2 alumnos da Xunta de Delegados do centro, e 2 profesores do Instituto que serán os que decidirán os traballos premiados.
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
O alumnado de 3º celebra o ano internacional dos bosques
Iniciando a xeira con sorpresas: as píntegas no chan, os eucaliptos ameazantes
O pasado xoves 10 de novembro, coincidindo coa semana do San Martiño, e antes de que remate o presente ano, por ser este “O ano internacional dos bosques”, un amplo grupo de profesores e todo o alumnado de 3º da ESO do Instituto en colaboración coa COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE SAN SALVADOR DE CORUXO trasladámonos ata ese monte para transmitirlles ás novas xeracións a importancia que ten a conservación do monte, para nós non tanto polo valor material, senón máis ben polo valor inmaterial.
A xornada estivo precedida da documentación necesaria para que ademais da información que lles facilitarían alí os gardas forestais xa soubesen minimamente do que se trataba. A andaina partiu sobre as 11 da mañá desde o lugar da ASOCIACIÓN, despois que aquí lles presentaron os gardas algunhas consideracións previas e visen o funcionamento da máquina empregada para a trituración da biomasa, para dirixirse pola aba sur do monte en dirección ao parque forestal de San Miguel de Oia, observar algunha zona de moita vexetación alóctona (eucalipto e acacia negra) e outras de frondosas que están sendo reintroducidas.
Caras coñecidas no camiño: aproveitando o patrimomio inmaterial
Ao mesmo tempo puideron desfrutar de extraordinarias vistas sobre a Ría e de identificación de distintas especies arbóreas (castiñeiro, carballo, freixo, érbedo, capudre, etc), así como outras curiosidades relacionadas co aproveitamento do monte para o lecer (arte rupestre, actividades deportivas que se poden desenvolver, paisaxismo, etc).
Sobre o mediodía chegamos ao punto máis elevado do percorrido, o monte Maúxo (453 m), e aquí puideron observar a paisaxe outonal coa follaxe en distintas tonalidades, os cogomelos recén saídos da terra, e unha mámoa ben localizada no lugar coñecido como a Chan grande (relacionar este topónimo co de Chan da lagoa, Chan da arquiña, etc), e para concluír a mañá subir ata o cumio máis alto e desde alí dominar toda a contorna da cidade en todas as direccións ou mesmo chegar a albiscar ata a ría da Arousa.
Despois de repoñer forzas no parque forestal de Coruxo, descansando e comendo, aínda que a choiva ameazaba a xeira, iniciamos o descenso do monte pola cara leste en dirección a un dos lugares mellor recuperados e conservados do monte: A regueira de Laxiade. Aquí aproveitamos para recordarlles aos alumnos que se trata dun espazo con frondosas (abelairas, amieiros, carballos, castiñeiros, etc.), algunhas das cales recuperaron a zona de xeito espontáneo e outras foron plantadas para evitar a substitución total pola acacia negra e o eucalipto.
Como anécdota, contar que se aproveitou o lugar para aclarar a diferenza entre o bugallo/carrabouxo e a landra dos carballos e para observar algunhas pegadas de píntegas ou xabaríns.
Xa para rematar o percorrido, achegámonos a un dos lugares máis emblemáticos desde o punto de vista artístico, “O petroglifo da Pedramoura”, onde quedan as pegadas de tantos anos atrás, aínda que o seu estado de conservación sexa crítico.
A xornada remata co regreso ao Instituto, logo de recordarlles que aquí se conservan, entre outras, algunha mostra arquitectónica moi importante como é a igrexa de arte románica de San Salvador de Coruxo, e de arquitectura popular: cruceiros, muíños, pombais ou hórreos que poñen de manifesto a importancia que tivo a agricultura na parroquia.
María e Amaia saborean os amorotes dos érbedos
Imprimir este Artigo
Impreso do Reading Report para a ESO
Antes de descargar unha ou outra versión segue as instrucións do teu profesor/a sobre que formato tes que utilizar para realizar a tarefa de Reading Report
DESCARGA

VERSIÓN PARA IMPRIMIR EN PAPEL
VERSIÓN PARA ENCHER NO ORDENADOR EN MODO FORMULARIO E ENVIAR DESPOIS POLO MEDIO QUE O PROFESORADO INDIQUE
reading_report_eso_formulario.pdf
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
MARIE CURIE. Fai 100 anos…
100 ANIVERSARIO
Marie Curie na conferencia Solvay de 1911 (
a 1ª )
Foi o ano no que acadou o Nobel de Química. Tiña xa o Nobel de Física que compartíu en 1903 có seu home Pierre e outro extraordinario científico,Becquerel. Era o recoñecemento o seu descubremento da radiactividade.
Sentados, de izquierda a derecha: Walter Nernst, Marcel Brillouin, Ernest Solvay (el industrial anftrión), Hendrik Lorentz, Emil Warburg, Jean Baptiste Perrin, Wilhelm Wein, Marie Curie y Henri Poincaré. De pie: Robert Goldschmidt, Max Planck, Heinrich Rubens,ArnoldSommerfeld, Ferdinand von Lindemann, Maurice de Broglie (hermano de Louis), Martin Hans Christian Knudsen, Friedrich Hasenöhrl, George Hostelet, Edouard Herzen, James Jeans, Ernest Rutherford, Heike Kamerlingh Onnes, Albert Einstein y Paul Langevin.
Dezaseis anos despois, na conferencia Solvay de 1927, Marie Curie sigue sendo a única muller entre os 29 xenios reunidos, 17 deles foron premios Nobel.
Participantes de la conferencia de 1927.
- Peter Debye
- Irving Langmuir
- Martin Knudsen
- Auguste Piccard
- Max Planck
- William Lawrence Bragg
- Émile Henriot
- Paul Ehrenfest
- Marie Curie
- Hendrik Anthony Kramers
- Edouard Herzen
- Hendrik Antoon Lorentz
- Théophile de Donder
- Paul Adrien Maurice Dirac
- Albert Einstein
- Erwin Schrödinger
- Arthur Holly Compton
- Jules-Émile Verschaffelt
- Paul Langevin
- Louis-Victor de Broglie
- Charles-Eugène Guye
- Wolfgang Pauli
- Werner Heisenberg
- Max Born
- Charles Thomson Rees Wilson
- Ralph Howard Fowler
- Léon Brillouin
- Niels Bohr
- Owen Willans Richardson
Imprimir este Artigo
Convocatoria para alumnos con Lengua castellana y Literatura pendiente de 1º de Bachillerato
El jueves, día 1 de diciembre, a las 16,30, tendrá lugar el examen de la primera parte de la materia. Este examen es opcional y los alumnos y alumnas que no se presenten podrán hacerlo en la convocatoria de febrero. Podéis ver la información en esta misma web .
Para la preparación de la parte correspondiente a Lengua debéis consultar los siguientes documentos publicados en el blog del curso pasado:
- Más ejercicios para repasar sintagmas, funciones primarias, secundarias…
- Soluciones a los ejercicios anteriores
Redordad que para este examen solo entra la oración simple y, por supuesto, sintagmas y clases de palabras.
Imprimir este Artigo













