Calendario para a Renovación do Consello Escolar Curso 2012-13

Publicado o 6 Novembro, 2012 na sección Dirección por Directora

eleccions_consello_escolar.jpg

No seguinte enlace podedes ver o PDF do Calendario para a renovación do Consello Escolar: renovacion_consello_escolar

 .pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Reading Report for Bacharelato students (Downloadable)

Publicado o 26 Outubro, 2012 na sección Documentos, Zona Alumnado, Lingua Inglesa por Alberte Zato

 

reading_report_pile.png

Antes de descargar unha ou outra versión segue as instrucións do teu profesor/a sobre que formato tes que utilizar para realizar a tarefa de Reading Report

 DESCARGA

.pdf

VERSIÓN PARA IMPRIMIR EN PAPEL 

 reading_report_bach.pdf

VERSIÓN PARA ENCHER NO ORDENADOR EN MODO FORMULARIO E ENVIAR DESPOIS POLO MEDIO QUE O PROFESORADO INDIQUE

 reading_report_bach_formulario.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Normas de actuación nas folgas de estudantes

Publicado o 26 Outubro, 2012 na sección Zona Alumnado, +++Documentos e formularios de interese, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

 

Para saber como tedes que proceder nas xornadas de folga e os niveis educativos que teñen dereito podedes ler e descargar o seguinte documento en PDF.

DESCARGA

.pdf

normas_folgas.pdf

 

[Clíquese na imaxe para vela a tamaño 1:1]

 procedemento_folgas_alumnado.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Nota da ANPA IES DO CASTRO a todas as familias do mesmo

Publicado o 16 Outubro, 2012 na sección Remitido, Zona ANPAs por Xefatura de Estudos

nota_anpa.jpg

Imaxe: Alberte Zato

NOTA DA ANPA IES DO CASTRO A TODAS AS FAMILIAS DO IESO DO CASTRO

Con motivo da folga do próximo 18, na que figura entre os seus convocantes a confederación de ANPAs de colexios públicos española CEAPA, da que formamos parte a través de FOANPAS e CONFAPA GALICIA, e tendo en conta que estas dúas organizacións secundan e apoian esta convocatoria de folga, dende a Xunta Directiva da ANPA queremos comentarvos o seguinte:

1.-Os motivos da convocatoria parécennos certos e suficientes para manifestar o noso desgusto como nais e pais pola actual política educativa

2.-Compartimos a idea dos convocantes de que as nais e pais e familias somos parte indispensable da comunidade educativa, e que entre os nosos dereitos figura o de poder opinar sobre a política e o sistema educativo de xeito directo e inmediato, exercendo para esta opinión cantas medidas estimemos oportunas e nos permita a lei.

3.-Cremos que entre as medidas ás que temos dereito para manifestar o noso desacordo, está a de non enviar aos nosos fillos a clase nesa data, manifestando ás autoridades educativas os nosos motivos, e asumindo a responsabilidade que temos, como nais e pais dos nosos fillos, de velar pola súa tutela, sen que iso signifique nin denunciar o seu deber nin renunciar ao seu dereito á escolarización nunha educación pública de calidade.

4.-Asumimos que a perda de días lectivos debe ser sempre un recurso extremo, pois o obxectivo de impartir os programas das materias parécenos de especial relevancia.

5.-Aínda que na directiva somos partidarios de apoiar esta convocatoria de folga, coidamos que é ben certo que colleunos na ANPA do IES pouco preparados para debatela nunha asemblea e optar por secundala ou rexeitala. Nosa asemblea xeral xa tiña data decidida antes de que CEAPA fixera público o seu apoio a folga do 18, e foi convocada antes de que FOANPAS adoptara a súa decisión de apoiar esta folga. Nesa asemblea, o próximo luns 22 ás 18:30, temos que falar do que facer si esta situación repítese ao longo do curso, e debater que medidas activas ou reactivas adoptar.

Por todo iso avisámosvos de que a ANPA do IES do Castro non ten unha postura oficial ante esta convocatoria de folga. A opción de enviar aos fillos ao Instituto é sempre unha opción persoal de cada familia, un deber e un dereito regulados pola lexislación. No caso de que os alumnos non asistan ese día a clase, a responsabilidade é nosa e non dos rapaces que non poden ser castigados ou sancionados por elo; aínda así recomendamos enviar unha nota de xustificación da falta (podedes descargar o formulario dende http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?cat=50) alegando como razón a folga promovida pola familia, co obxecto de que a mesma sexa considerada xustificada pola dirección do centro. Coidamos que o Claustro do centro é consciente desta convocatoria, e suponse que respectará a data no que a evitar exames refírese. Na próxima asemblea da ANPA do luns que ven, temos que debater o asunto e adoptar unha postura xeral para este curso ante feitos e convocatorias coma o presente.

Tamén vos comunicamos para xeral coñecemento que a FOANPAS ven de anunciar unha convocatoria de manifestación para o vindeiro xoves 18, a data da folga, que se concentrará ás 19:45 na Farola de Urzáiz e baixará ata a Praza da Estrela, e é aberta a tódalas familias.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

List of Irregular Verbs - 4th ESO

Publicado o 15 Outubro, 2012 na sección Documentos, Lingua Inglesa por Alberte Zato

irregular_verbs.jpg

 

 

Download and print

.pdf

irregular_verbs_4eso.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria de Xuntanza Xeral da ANPA Outubro 2012

Publicado o 14 Outubro, 2012 na sección Zona ANPAs por Alberte Zato

atencion.jpg

A.N.P.A. IES DO CASTRO - CONVOCATORIA XUNTANZA XERAL ORDINARIA

Luns 22 de outubro ás 18:30 horas na Sala de Usos Múltiples do IES O Castro

Orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, do acta anterior.
2.- Lectura e aprobación, se procede, do Informe de actividades do curso 2011/2012.
3.- Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas do curso 2011/2012.
4.- Proposta e aprobación, se procede, do Plan de actuacións e actividades da ANPA no presente curso.
5.- Proposta de actuacións en defensa da calidade no ensino público.
6.- Proposta e aprobación, se procede, do orzamento do curso 2012/2013.
7.- Rogos e preguntas.

A reunión é aberta á participación de tódolos pais e nais, aínda que o dereito de voto esta limitado aos socios da ANPA. Os asistentes poderanse asociar persoalmente na asemblea, cubrindo a ficha da asociación (.pdf descargable desde aquí). Pregamos leven o importe exacto da cuota = 6 €/familia/curso).

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Proposta de Actividades da ANPA para o curso 2012-2013

Publicado o 26 Setembro, 2012 na sección Remitido, Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

actividadesextra.png

 

 actividades_anpa_2012_13.jpg

 

Descargue o documento .pdf  coas intruccións, inscrición e máis ampla información

 

.pdf

actividades_anpa_2012_13.pdf

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo