XI edición de IMATXINA (Vigo)

Publicado o 20 Marzo, 2015 na sección Matemáticas por Ramón

  Como todos os cursos o departamento de matemáticas participou nas actividades de IMATXINA levando os alumnos de 1º da ESO aos obradoiros de materiais matemáticos na Fundación Barrié e presentando a 5 grupos, cada un de 4 alumnos, ao concurso Ligamats.
Resultou premiado, na categoría de 1º - 2º de ESO, o grupo formado por: Sara Rodríguez, Antón Castro, Manuel Novás e Marcela Villaverde.

2º ESO

e resultou premiado, na categoría de 3º – 4º, o grupo formado por: Paco Villatoro, Sara Pazó, Jaime Irrisarri, Yago Radziunas e Marta Sanjiao.

3º ESO

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES!!!!

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O alumnado de 1º da ESO inmerso na natureza e na literatura

Publicado o 15 Marzo, 2015 na sección Lingua e Literatura galegas, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

 En días pasados, o vinte e cinco de febreiro, a asociación de empresarios da madeira de Galicia, CONFEMADERA-HABITAT, presentoulle ao alumnado de 1º da ESO a importancia dos montes en Galicia e, en particular, na contorna da cidade de Vigo. O motivo desta presentación é poñer en valor os montes como patrimonio material e inmaterial e sensibilizar aos xoves sobre a súa importancia ambiental, social e económica. O programa que leva a cabo dita asociación inclúe charlas informativas nos centros e a difusión dun concurso de temática e soporte variado baixo o eslogan “O MONTE É A NOSA VIDA” , “axúdanos a coidalo”. Dicir tamén que contan con materiais didácticos na súa páxina web para uso e difusión entre o alumnado.

A actividade enmárcase dentro do proxecto, xa habitual, de que este alumnado realice unha inmersión nunha das comunidades de montes veciñais en man común dos montes periurbanos da cidade. En particular, trátase de que o alumnado durante unha xornada se traslade ao monte de Fragoselo e sexa protagonista de varias accións: andaina que inclúe unha reflexión sobre o coñecemento e diversidade de especies autóctonas e alóctonas,flora e fauna,  caducifolias e coníferas, recuperación de espazos protexidos fronte á invasión de eucaliptos, piñeiros, etc; visita a unha planta de biomasa onde se acumulan e transforman os restos de podas e talas que acumulan toneladas de residuos, para finalmente participar nunha plantación de árbores de distintas especies. Todo isto en colaboración coa Comunidade de montes veciñais en man común de San Salvador de Coruxo, que nos facilita o personal de apoio, as plantas e as ferramentas necesarias para levalo a cabo.

confemadera.jpg

O alumnado escoita as virtudes dos montes

Seguindo con máis actividades complementarias; nesta ocasión tocoulle á literatura. O día seis de marzo, o escritor Marcos Calveiro, coa mediación da editorial Xerias, presentoulle ao alumnado de 1º da ESO a obra “Palabras de auga”, lectura recomendada para este nivel. O autor, aínda que nado en Vilagarcía, leva vencellado á cidade de Vigo practicamente toda a súa vida e, como é sabido, leva sendo recoñecida a súa carreira literaria con varios premios (Barco de vapor, Merlín, Lazarillo..).

O que fixo o autor foi explicar a xénese da súa produción literaria e o proceso de creación de Palabras de auga. Neste caso di que a idea partiu dunha foto que nunha reportaxe recollía as mulleres africanas aproveitando os restos dos termiteiros para logo darlles de comer á familia e con tal motivo aproveitar para denunciar a pobreza que sofren parte das persoas do continente africano e, moi especialmente, os “nenos soldados” ou explotados de maneira inhumana para a obtención de materias primas tan importantes para as novas tecnoloxías como o coltán, por iso se di que os móbiles , por exemplo,están  manchados con sangue inocente.

marcos-calveiro.jpg

M. Calveiro ilustra con imaxes de África a presentación

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

III CONCURSO RELATO CURTO

Publicado o 11 Marzo, 2015 na sección Normalización e Dinamización Lingüística, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e a Biblioteca convocan o III Concurso de Relato Curto en Lingua Galega.

BASES DA CONVOCATORIA

cartel-concurso-de-relatos-curtos-2015-definitivo.png

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Publicado o 8 Marzo, 2015 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

descarga.jpg

FAGAMOS QUE TODOS OS DÍAS SEXAN 8 DE MARZO

8 de marzo un evento sangriento (preme no enlace)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Alumna premiada no I Concurso de Relatos Illas Atlánticas

Publicado o 27 Febreiro, 2015 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

A alumna do centro Carlota Ventín que cursa 1º de Bacharelato na modalidade de humanidades, acaba de obter o primeiro premio do Concurso de Relatos do Parque Nacional das Illas Atlánticas, na modalidade de relato curto, categoria xuvenil. Co seu relato” O último verán de Paca “, unha fábula ambientada nas illas, acadou este merecidísimo primeiro posto. Dende a biblioteca queremos darlle a Carlota a noraboa, e amimar a tod@s a participar nestes concursos que  ao longo de todo o ano estanse a convocar na nosa comunidade e fóra dela.

imagen-paint.jpg

Para todos e todas os que queirades ler o relato de Carlota e o resto dos relatos e microrrelatos, dos gañadores e finalistas nas distintas modalidades e categorias, Carlota agasallou ao centro cun exemplar onde se recollen todos eles.

NORABOA CARLOTA

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Para vermos mellor

Publicado o 26 Febreiro, 2015 na sección Taboleiro Transversal, Biblioteca por Xulio Dobarro

O próximo 8 de marzo celébrase “O día da muller traballadora” e, con tal motivo, desde a Biblioteca, queremos contribuír a superar algunhas actitudes que non contribúen precisamente a mellorar a imaxe da muller, en xeral, e da muller traballadora, en particular. Porque a tan codiciada busca da igualdade entre sexos,aínda que se teñen dado pasos de xigante, segue a haber  un amplo sector da sociedade que non acaba de incorporarse á nova situación.

9788498653359.gif

O diario violeta de Carlota. Un día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, é dicir, dende unha óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísima situacións do noso día a día que tomamos como normais…(Versión en galego da editorial Galaxia)

Tanto é así que, hai poucos días o Ministerio de sanidad facía públicos uns datos que advertían do rebrote de actitudes machistas entre os xoves e que era preciso non  baixar a garda senón que o que ían facer é levar a cabo unha campaña para frear entre os adolescentes esas condutas machistas.Nesta nova situación ten moito que ver a incorporación, cada vez máis temperá dos xoves ás novas tecnoloxías, actuando estas como ferramentas de control e de involución social. As cifras son contundentes: o 95 % dos adolescentes din estar conectados diariamente a internet; o 25 % das rapazas recoñecen ter sufrido control a través do  teléfono móbil,e o 70 % das encuestadas din que perdoarían unha bofetada do seu mozo. Para combater estes comportamentos, algúns centros a través dos clubs de lectura ou como tema transversal teñen abordado a complexidade da igualdade de xéneros.

O noso gran de area a esta liña educativa de coeducación(educar as persoas á marxe de todos os roles que nos impón a sociedade, favorecendo un cambio na cultura do centro e tendo como obxectivo que se trate por igual o alumnado, evitar o sexismo e mostrar a aportación da muller ao desenvolvemento do mundo) vén da man de obras que nos últimos anos serviron de reflexión e de reacción a comportamentos aparentemente inocentes pero que no fondo conteñen unha forte carga discriminatoria, e que pasarían desapercibidos de non ser por voces que coa súa pluma ou a súa actitude son exemplos a seguir.

Hai poucos días o CSIC (Consejo  superior de investigaciones científicas), se xa non era abondo evidente, publica unha investigación na que se quere demostrar que os neandertais, como os sapiens, hai 49000 anos xa dividían o traballo por sexos. Este dato vén a poñer de manifesto que o que temos na actualidade é un proceso longo e complexo e que determinadas sociedades teñen avanzado ou reducido a discriminación e outras seguen a mantela de maneira totalmente indiscriminada.

No ámbito escolar é ben coñecido o cambio experimentado nas últimas décadas en favor dos centros de carácter mixto, pero logo, de portas a dentro, a realidade é que hai comportamentos que non son de todo igualitarios: na aula non hai dúbida, ou ao menos procúranse corrixir, pero, no patio, os xogos están moi condicionados polo xénero;  o acoso escolar maniféstase habitualmente en detrimento da muller e non digamos os casos de homofobia e violencia verbal.

En fin que, a realidade é moi teimosa e, do mesmo xeito que o trobador compostelán do seculo XIII, Airas Nunes, dicía que fora  por moitos lugares onde se supoñía que tiña que reinar a verdade, e que non conseguiu  atopala, tamén parece que a IGUALDADE estase a converter nunha utopía.

De calquera maneira, propoñemos unha serie de lecturas para abrirmos os ollos e contribuír coa nosa pequena aportación a esta tarefa.

GEMMA LIENAS leva moitos anos traballando  a prol da igualdade das mulleres e son varios os títulos nos que aborda temas que teñen como protagonista principal a unha adolescente que a través das súas gafas de cor violeta se plantexa moitos interrogantes que teñen que ver co papel da muller na sociedade española ou de mulleres inmigrantes. Tanto é así que nos seus libros incorpora un vocabulario específico que vai desde o que é a ablación ata a violencia de xénero,os diferentes tipos de drogas, etc..Os libros son os que seguen e estarán a disposición de todas as persoas interesadas na Biblioteca.

descarga.jpgimages.jpeg

Neste novo diario , Carlota plantéase o tema dos dereitos humanos e a inmigración. Así, coa axuda e experiencia dalgúns compañeiros de clase de orixes distintas, decide escribir sobre iso.

descarga-1.jpeg

El diario rojo de Carlota non é xactamente un diario, nin tampouco unha novela. Carlota coñece ao famoso detective Flanagan , intima con el,establece relacións sentimentais , practica o sexo e nos conta paso a paso. O diario convértese así nun auténtico manual de sexualidade. Se es rapaza disfrutarás coa historia e descubrirás aspetos fundamentais sobre a túa propia sexualidade. Se es rapaz, axudarache a antender como é a sexualidade feminina.

descarga-2.jpeg

El diario azul de Carlota.Algunha vez tiveches un noivo que te controle demasiado, que se enfade se saes coas amigas,que  che envíe máis de vinte e cinco mensaxes ao móbil durante o recreo e se poña celoso se falas cos rapaces da túa clase? Tiveches algún amigo, que sen dicirche nada, sufriu algunha forma de violencia, xa sexa física ou psicolóxica, no instituto?Coñeces algún rapaz ou rapaza vítima de violencia na súa casa? Carlota escribe este diario que tamén fala de violencia escolar e violencia infantil.

descarga-5.jpeg

El diario amarillo de Carlota. Carlota adéntrase no complexo mundo das drogas, convencida como sempre, de que só cando dispós de información pode realmente decidir

descarga-4.jpeg

Monstruo de ojos verdes. Novela realista ambienta nos EEUU con toques de misterio, que mostra a ruptura dunha familia  por culpa dos malos tratos.

descarga-3.jpeg

El diario rojo de Flanagan.  É a versión masculina do diario vermello de Carlota. Quen o lea descubrirá as primeiras experiencias sexuais  deste detective e superará algúns tabús realacionados coa sexualidade.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Entroido 2014

Publicado o 20 Febreiro, 2015 na sección Celebracións, Zona Alumnado por Alberte Zato

logo_entroido.jpg

 

 

 

REPORTAXE GRÁFICA

Clique nas imaxes para velas a tamaño 1:1

 

O xurado incorruptíbel

dsc_2052.jpg

 

 Os presentadores

 dsc_2073.jpg

 

O equipo de son

dsc_2158.jpg

 

O videoman

dsc_2096.jpg

Os ’solos’

solos.jpg

 

Os duetos e tríos

duos.jpg

 

Os grupos

 dsc_2053.jpg

dsc_2062.jpg

 grupo3.jpg

 grupo4.jpg

 grupo5.jpg

grupo6.jpg

grupo7.jpg

 

O profesorado

profesorado.jpg

dsc_2149.jpg

O público

publico.jpg

O fin de festa

fin_de_festa.jpg

 

Descargar en formato

.pdf

 

Reportaxe gráfica e dixital .pdf de Alberte Zato

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

BASES CONCURSO:É POSIBLE A IGUALDADE?!

Publicado o 31 Xaneiro, 2015 na sección Consello escolar, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

P { margin-bottom: 0.21cm; }A:link { }

BASES CONCURSO : É POSIBLE A IGUALDADE!?

MODALIDADES:

RELATO CURTO: Extensión máxima 5 folios a dobre espazo.

POEMA: Aproximadamente 20 versos

MONÓLOGO/PERFOMANCE: Texto concebido para a representación polo propio autor ou colaboradores.

DESEÑO CARTEL Tamaño A-3 que debe incluír imaxe e texto.

ENSAIO: Breve investigación na que se poña de manifesto algunha actitude especialmente discriminatoria para as persoas.

Os traballos serán orixinais e quedarán a disposición do Instituto para a súa publicación ou difusión a través de calquera dos medios disponibles (Páxina Web, revista, etc)

Tamén se valoraría calquera traballo que sendo presentado noutro formato responda á idea principal do concurso, por exemplo, vídeo.

TEMA: En busca da igualdade

Valorarase a imaxinación, creatividade e orixinalidade; así como a dificultade e a claridade das mensaxes que teñan  relación preferente coa contorna escolar por discriminación de sexo, raza, relixión, minusvalía,idioma, etc.. Terase en conta o emprego dunha linguaxe inclusiva, non sexista nacomposición dos textos.

PRAZO DE ENTREGA: Mércores 4 de marzo de 2015. Fallo dos premios : 9 de marzo

LUGAR DE ENTREGA: SECRETARÍA

Os traballos serán entregados en sobre pechado e baixo plica , de tal xeito que non se identifique por fóra a persoa que o presenta.

PREMIOS: Dependendo da calidade e do número de participantes estableceranse dous premios por cada unha das modalidades obxecto do concurso E PARA CADA ETAPA (ESO e BACHARELATO)

1º PREMIO: VALE POR VALOR DE 30 € EN LIBRARIA OU CAFETARÍA

2º PREMIO: VALE POR VALOR DE 20 € EN LIBRARÍA OU CAFETARÍA

ACCÉSITS SEGUNDO PARTICIPACIÓN

 

DOCUMENTO BASE DE REFLEXIÓN

A IGUALDADE É POSIBLE!?

O concepto igualdade adquiriu un peso específico desde o punto de vista socio-político a partir da época da Ilustración (sec. XVIII), cando un grupo de intelectuais e pensadores loitaron a favor da IGUALDADE en termos sociais e políticos. Este tipo de IGUALDADE coñecese como IGUALDADE DE DEREITOs E OPORTUNIDADES. Así ocorreu durante a revolución Francesa, momento no que se acuñou a célebre proclama de LIBERDADE, IGUALDADE E FRATERNIDADE.

Sobre esa base asentáronse os alicerces da Declaración Universal dos Dereitos humanos, proclamada pola ONU o 10 de decembro de 1948. Nela defendíase que ningún ser humano podía ser infravalorado pola súa raza, sexo, idioma, relixión ou opinión política. En definitiva, “a igualdade como equivalencia” supón que non se dá un trato discriminatorio a ningunha persoa e que todas elas teñan o “ mesmo valor ou dignidade” a todos os efectos.

Un espazo singular, dentro dos dereitos humanos, ocúpano os dereitos da Infancia/adolescencia.

Os dereitos da infancia/adolescencia poden dividirse nas seguintes categorías:

  • Dereitos á supervivencia: que buscan protexer e garantir o dereito á vida e a satisfacer as súas necesidades máis básicas, coma o alimento, o abrigo e a protección da saúde.
  • Dereitos ó desenvolvemento: que buscan protexer e garantir o desenvolvemento pleno (físico, espiritual, moral e social), coma o dereito á educación, á cultura, ó xogo e á liberdade de pensamento, conciencia e relixión.
  • Dereitos á protección: que buscan protexer e garantir que non sexan obxecto de abusos, neglixencia e explotación, coma o dereito ó nome, (identidade), nacionalidade e coidado.
  • Dereitos á participación: que buscan protexer e garantir a súa participación nas decisións que lles afectan e nas actividades das súas comunidades locais e 
  • Dereitos a ser escoitado: que buscan protexer e garantir o seu respecto polos demais. Por que se non escoitas a un neno, este tampouco escoitará aos demais (é para a súa educación).

    LISTAXE DE VALORES DE REFERENCIA

    A DESENVOLVER PARA O CONCURSO:

    AMIZADE COMPAÑEIRISMO CONFIANZA CONSTANCIA

     

    CREATIVIDADE CRITERIO PROPIO DIVERSIDADE XENEROSIDADE

     

    HONRADEZ IMAXINACIÓN XUSTIZA MEDIO NATURAL

     

    RESPONSABILIDADE SOLIDARIEDADE TOLERANCIA VALENTÍA

Diferentes tipos de discriminación:

1.-Discriminación racial ou étnica: Cando unha persoa ou grupo humano é tratado como inferior pola súa pertenza a unha determinada raza ou etnia: Indios americanos, xudeus, xitanos, negros, galegos, etc.

2.-Discriminación relixiosa: Unha persoa ou grupo de persoas reciben un trato desfavorable por non practicar a crenza relixiosa maioritaria da sociedade na que vive ou por non profesar crenza ningunha.

3.-Discriminación política: Cando algunhas persoas ás que lles toca vivir baixo reximes totalitarios ou ditatoriais non poden expresar libremente as súas conviccións políticas.

4.-Discriminación sexual: Cando a muller queda relegada ao ámbito doméstico e se pensa que non ten capacidade para desenvolverse intelectual ou fisicamente no ámbito laboral. Tamén se pode incluír neste apartado a discriminación por razóns de orientación sexual (homosexualidade).

5.-Discriminación por nivel cultural e económico: Cando unhas persoas discriminan a outras por consideralas inferiores cultural ou economicamente.

6.-Discriminación estética: Cando unha persoa é tratada com inferior porque a súa imaxe persoal non encaixa co ideal de beleza maioritariamente establecido na sociedade na que vive.

7.-Discriminación por idade: Cando se menospreza ou se maltrata a outra persoa pola súa curta(neno) ou avanzada idade (maior)

8.-Discriminación por discapacidade: Cando se menospreza ou infravalora a outra persoa por presentar algún tipo de discapacidade física ou mental.

9.-Discriminación por enfermidade: Cando algunhas persoas, polo feito de ter contraído algunha enfermidade, sobre todo, actualmente as infectocontaxiosas, son tratadas con recelo ou desprezo.

10.-Discriminación lingüística: Cando unha persoa é obxecto de rexeitamento por utilizar unha lingua minorizada (galego, bretón, quechua, etc.) ou cando, de xeito consciente ou inconsciente,empregamos unha linguaxe excluínte.

Como superar estas e outras manifestacións de DESIGUALDADE / DISCRIMINACIÓN? Como facelas visibles aos ollos das persoas que nos rodean?Velaquí o noso desafío, promovendo valores e actitudes positivas, por exemplo:

Na casa:Fomentando o respecto mutuo e o reparto de Tarefas,nin rosa nin azul, nin Machismo nin “hembrismo”.

Na escola : COEDUCACIÓN, linguaxe non sexista; fronte a acoso escolar (Bullyng), ciberacoso (sexting)…unha actitude positiva.

No traballo: igualdade de xénero: A igual traballo igual salario,

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo