Carta de benvida ao alumnado novo de 1º da ESO

Publicado o 20 Setembro, 2020 na sección Zona Alumnado, Dirección por Alberte Zato

membrete.jpg

BENVIDA DE SETEMBRO

 

Aconsellamos visitar a nosa páxina web estes días, antes do comezo de curso, onde iremos publicando toda a información sobre o inicio e as normas e medidas que vaian saíndo. 

1º ESO Alumnado novo 

 

Benvidos a todo o novo alumnado. Queremos darvos a benvida ao noso centro. Gustaríanos que as cousas fosen doutro xeito, noutra situación, pero, aínda que nos toca vivir estes tempos complicados, intentaremos pór todos os medios para recibirvos o mellor posible.

 

Queremos que vos sintades acollidos e esperamos que teñades un bo curso no noso instituto, que axiña será o voso tamén. Temos preparadas todas as medidas de seguridade (lembrade que sempre teredes que estar con máscara) e xa vos explicaremos dende o primeiro día como tedes que entrar, movervos e saír do centro para vir a clase con garantías. Depende de todas e todos nós que poidamos estar no centro con tranquilidade.

 

Todos os días de clase deberedes traer máscara posta e outras de reposto nunha bolsiña na mochila, un xel hidroalcólico e panos desbotables (aínda que tamén teremos nas aulas para uso de todas e todos). Podedes traer merenda para o recreo. 

 

O primeiro día recibirémosvos os membros do equipo directivo e os/as vosos/as titores/as e, ao longo da semana , iredes coñecendo ao resto do profesorado. Xa estaremos esperándovos na porta A , a do Mural botánico, para ensinarvos o camiño que deberedes facer todos os días ata chegar ás aulas. Un caderno e un bolígrafo tamén vos farán falta para anotacións, copiar horario etc. 

 

Benvidos e benvidas ao IES do Castro . Esperamos que pasemos un bo curso e que todo o alumnado e profesorado colaboremos conxuntamente. Se tedes calquera dúbida podedes comentala na clase cos vosos profesres/as, titores/as ou Equipo Directivo.

 

Comeza a conta atrás para vernos e coñecernos! Esperámosvos con moita ilusión!

A xunta directiva do IES do Castro

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Inicio do curso: Instrucións sobre entradas e saídas diarias do alumnado

Publicado o 18 Setembro, 2020 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Dirección por Alberte Zato

Clique na imaxe para vela a tamaño 1:1

instruccions-entradas-e-saidas-diarias-alumnado.jpg

Descarga do documento

.pdf

instrucions-entradas-e-saidas-diarias-alumnado.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Orde de modificacións no Calendario Escolar e disposicións sobre aulas e centros

Publicado o 17 Setembro, 2020 na sección Secretaría por Alberte Zato
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia…

.pdf

Descarga do documento

modificacions_calendario_escolar.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Comunicado do Equipo Directivo do IES do Castro á comunidade educativa do mesmo

Publicado o 12 Setembro, 2020 na sección Avisos urxentes, Dirección por Alberte Zato

Clique nas imaxes das páxinas para aumentalas.

O documento pódese descargar en .pdf  ao final do artigo

 comunicado-ies-do-castro-12-setembro_page_01.jpg

comunicado-ies-do-castro-12-setembro_page_02.jpg

comunicado-ies-do-castro-12-setembro_page_03.jpg

comunicado-ies-do-castro-12-setembro_page_04.jpg

comunicado-ies-do-castro-12-setembro_page_05.jpg

comunicado-ies-do-castro-12-setembro_page_06.jpg

comunicado-ies-do-castro-12-setembro_page_07.jpg

comunicado-ies-do-castro-12-setembro_page_08.jpg

comunicado-ies-do-castro-12-setembro_page_09.jpg

comunicado-ies-do-castro-12-setembro_page_10.jpg

comunicado-ies-do-castro-12-setembro_page_11.jpg

comunicado-ies-do-castro-12-setembro_page_12.jpg

Descarga do documento

.pdf

comunicado-ies-do-castro-12-setembro.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Novo calendario de setembro 2020 para 2º de Bacharelato

Publicado o 2 Setembro, 2020 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Xefatura de Estudos por Alberte Zato

CALENDARIO SETEMBRO DE 2º BACHARELATO - ALUMNADO

➢ Exames extraordinarios: Martes 1 e Mércores 2 de setembro (ver horarios achegados).

➢ Entrega de notas: Xoves 3 de Setembro ( entrega dixital Abalar ).

Os boletíns de cualificacións en papel recolleránse en Administración a partir das 12:00 (Instrucción anulada debido ás medidas de prevención anti-Covid19).

➢ Reclamacións:

○ Revisión de exames e aclaración sobre notas Xoves 3 de setembro ás 18:15 a 19:00

○ Prazo reclamacións (mediante entrega de documento a recoller en administración) Venres 4 de setembro até as 14:00 horas

○ Notificación resolución das reclamacións : Luns 7 de setembro antes das 12:00 horas

○ Reclamacións á Xefatura Territorial: entregarase no centro o luns 7 de setembro antes das 14:00 horas

○ Resolución das reclamacións por parte de Comisión de Supervisión

○ Matrícula extraordinaria:

○ 2º de Bacharelato: Luns 7 de setembro de 11:00 a 12:00

entrega_cualificacions.jpg

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo