Baremo para a adxudicación de prazas para as probas de certificación lingüística

Publicado o 31 Outubro, 2023 na sección Documentos, Lingua Inglesa por Alberte Zato

english1.jpg

Segundo a resolución do 29 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos dependentes da consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades durante o curso 2023/2024, o Departamento de Lingua Inglesa do IES do Castro presentó para a súa aprobación no Consello Escolar o baremo de obtención de praza se o número de solicitudes excede ao de prazas concedidas pola administración educativa, sendo aprobado en reunión do 30 de outubro 2023:

CUALIFICACIÓNS EN LINGUA INGLESA DO CURSO ANTERIOR (0-10)

ALUMNADO CON BECA

CERTIFICACIONES LINGÜÍSTICAS PREVIAS

Dez (10)

6 puntos

 

 

 

 

Nove (9)

5 puntos

SI

2 puntos

SI

0 puntos

Oito (8)

4 puntos

 

 

 

 

Sete(7)

3 puntos

NON

0 puntos

NON

2 puntos

Seis (6)

2 puntos

 

 

 

 

Cinco(5)

1 punto

 

 

 

 

De 0 ata 4

0 puntos

 

 

 

 

 

Os posíbeis desempates se resolverán de acordo con esta orde de criterios:

 1. ALUMNADO CON BECA | 2. ALUMNADO SEN CERTIFICACIÓN ANTERIOR | 3. MELLOR CUALIFICACIÓN EN LINGUA INGLESA NO CURSO ANTERIOR

2. Se o empate continuase, decidiría a mellor nota media xeral do curso anterior.

3. Se persiste o empate despois de aplicados todos os criterios anteriores aplicarase o seguinte criterio: A orde utilizada será a partir das letras que saíron no sorteo, celebrado no Consello Escolar do 30 de outubro de 2023, co seguinte resultado: 1º apelido Ñ; 2º apelido E; nome A e, a partir de aí, o resto por orde alfabética.A orde utilizada será a partir das letras que saíron no sorteo, celebrado no Consello Escolar do 30 de outubro de 2023, co seguinte resultado: 1º apelido Ñ; 2º apelido E; nome A e, a partir de aí, o resto por orde alfabética.A

 

 

Descarga do dcumento

.pdf

baremo-para-a-adxudicacion-de-prazas-para-probas-de-certificacion-linguistica.pdf

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Información sobre o intercambio lingüístico-cultural cun centro educativo estadounidense en Newark, NJ: información e convocatoria de reunión

Publicado o 31 Outubro, 2023 na sección Intercambio, Lingua Inglesa por Alberte Zato

united-states-america-us-usa-american-vs-spain-espana-galicia-smoky-mystic-flags-placed-side-thick-colored-silky-abstract-2178412631.jpg

INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE O INTERCAMBIO CO CENTRO AMERICANO NEWARK ACADEMY (NOVA JERSEY)

 

Reunión informativa: xoves, 2 de novembro de 2023, ás 18:30 horas na aula 002.

 

O intercambio co centro Newark Academy, sito no estado de Nova Jersey, xorde para levar a cabo o proxecto “Facendo camiño ao diálogo entre culturas”.

É importante subliñar que se trata dun proxecto de inmersión lingüística e cultural no que participa ao alumnado de 1º de bacharelato do noso centro.

O intercambio ten dúas fases:

1. Na última quincena de xuño, na que os/as alumnos/as americanos/as visitan o noso centro erealizan saídas culturais acompañados polo alumnado do intercambio (sempre que o/a alumno/a do noso centro non teña que realizar exames de recuperación). Todas estas actividades aparecen reflectidas nun “dossier” que se entrega a cada familia anfitrioa.

As saídas son elixidas previamente de acordo cos intereses do centro americano (obradoiro de cociña, unha xornada do Camiño de Santiago e percorrido por Santiago de Compostela, visita ás Termas de Ourense, ao Grove, ao castelo de Soutomaior…).

2. Durante a primeira quincena de setembro, do 30 de agosto ao 13 de setembro, o alumnado   do noso centro viaxa a Nova Jersey. As saídas culturais que se levan a cabo abranguen museos (Museum of Natural History, the MET), zonas educativas (un día de integración nas aulas da Newark Academy ou na Kushner Academy, Tour of Princeton University), visita dos puntos máis destacados e senlleiros de Nova York (Meat Packing District, Chelsea Market, Brooklyn Bridge, Central Park, Rockefeller Centre, the Top of the Rock, Battery Park, Public Library, …) e arredores (Liberty Island, Ellis Island, West Point Military Academy, Grounds forSculpture, …).

 

As familias anfitrioas de España e EEUU son as encargadas de realizar algunha saída na fin desemana.

Orzamento do intercambio: 1.500€

Inclúe:

• Traslado a Nova Jersey (voo) + seguro de cancelación + seguro médico.

• Voo dun dos profesores acompañantes (rateado entre o número total de alumnos que participan no intercambio).

• Gastos das saídas realizadas en España (pernoctas, entradas, transporte).

• ESTA (documento obrigatorio para entrar nos Estados Unidos).

• Regalos para alumnado e profesorado americano.

• Diarios para que os/as alumnos/as poidan reflectir a súas experiencias durante a viaxe.

• Cea de despedida.

*Tentamos devolver certa cantidade do desembolso inicial ás familias ao rematar a viaxe.

Participación no intercambio

Unha vez presentada a solicitude de participación no intercambio (prazo de presentación: do 2 ao 10 de novembro) e realizadas as presentacións do alumnado que así o requira, procederase a facer unha listaxe de acordo cun baremo. Esa listaxe farase pública o 23 ou 24 de novembro e os/as alumnos/as admitidos deberán ingresar 300€ na conta do centro o 1 de decembro, cantidade non reembolsable no caso de anular a participación do/a alumno/a de forma unilateral.

As cotas a ingresar serán as seguintes:

- 1ª cota (sinal): 300€ 1 de decembro.

- 2ª cota: 200€ antes do 9 de xaneiro.

- 3ª cota: 200€ antes do 6 de febreiro.

- 4ª cota: 200€ antes do 5 de marzo.

- 5ª cota: 200€ antes do 5 de abril.

- 6ª cota: 200€ antes do 7 de maio.

- 7º cota: 200€ antes do 5 de xuño.

 (Clique na imaxe))

BAREMO DE SELECCIÓN DE PARTICIPANTES

baremo-intercambio-2023-24.jpg

Descarga de documentos

 .pdf

2023-24-resumo-intercambio-con-newark-academy.pdf

baremo-intercambio-2023-24.pdf

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo