Oferta de Prazas para o curso 2010-2011

Publicado o 18 Marzo, 2010 na sección Administración, Secretaría por Alberte Zato


 oferta_prazas.jpg

 

OFERTA

 

1º DE ESO————————  10

 

2º DE ESO————————  8

 

3º DE ESO———————— 12

 

4º DE ESO———————— 6

 

1º DE BACHARELATO : 55

 

 

2º DE BACHARELATO :

 

Ciencias e Tecnoloxía — 5

Humanidades e Ciencias Sociais— 0       

 

 

-Reserva de praza do 1 de marzo ao 6 de abril de 2010.

 

-Recóllanse impresos de solicitude de praza na Conserxería.

 

-Entréguense do 1 de marzo ao 6 de abril na secretaría do centro en horario de 9,30 a 13,30 horas e os luns e mércores de 16 a 18 horas.     

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Programa de Inmersión en Lingua Inglesa - PILIVIGO 2010

Publicado o 18 Marzo, 2010 na sección Zona Alumnado, Administración, Convocatorias, Lingua Inglesa por Alberte Zato

INFORMACIÓN

PROGRAMA  DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA - PILIVIGO 2010

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE: 22 de marzo ao 16 de abril no Rexistro do Concello ou  nas oficinas de Correos en sobre aberto.

IMPRESOS DE SOLICITUDE: Na oficina do centro, na páxina web http://www.pilivigo.org/ ou no servizo de Educación do Concello de Vigo.

Para ser admitido hai que ter aprobadas todas as materias de 2º de ESO e ter como mínimo un 6 na materia de Inglés.

Todo o alumnado que desexe participar, debe solicitar unha certificación académica na oficina do centro co tempo suficiente, non esperedes ao último día.

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Ficha de inscrición na ANPA do Instituto

Publicado o 10 Marzo, 2010 na sección Zona ANPAs por Alberte Zato

inscricion_anpa.jpg

 ↑ Clique para descargar

.pdf

Nota: Corrixido o número de conta da ANPA.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

As Corcerizas

Publicado o 10 Marzo, 2010 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

As Corcerizas

O día 2 de febreiro, un grupo de alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato E do IES do Castro iniciamos unha viaxe ata o centro de educación ambiental “As Corcerizas”, situado na Serra de San Mamede (Ourense), como proxecto do grupo de actividades CAS incluídas dentro do Bacharelato Internacional. Fomos ata alí en autobús, onde estivemos facendo algunhas tarefas de iniciación á xornada. Permanecemos alí ata o día 5, realizando actividades de voluntariado, recibindo charlas formativas sobre educación medioambiental e mellorando o ambiente do grupo. Durante a nosa estanza en dito centro, realizamos diversas actividades como a restauración de dous muíños de auga no pobo de Rebordechao, a construción de dous composteiros no centro, unha competición de orientación polo monte e unha ruta polo monte. Aloxabámonos nun albergue e dispuñamos dun comedor e un aula para as actividades de formación. As charlas formativas que recibimos foron sobre voluntariado europeo e os problemas globais que afectan ao medio ambiente. Para finalizar esta actividade, preparamos en grupos un esbozo de proxecto de voluntariado que despois presentamos fronte ás nosas compañeiras e compañeiros.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Día Internacional da Muller

Publicado o 8 Marzo, 2010 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

  

mujeres1.jpg

O día 8 de marzo celébrase o Día Intenacional da Muller. Nesta data conmemórase a loita que mantiveron e aínda manteñen moitas mulleres, para conseguir os dereitos , que polo feito da súa condición de muller, lles foron  e lles son vetados.

No ano 1975 a ONU recoñeceu este día como o Día Internacional da Muller e o Día da Muller Traballadora. Nesta data conmemóranse os acontecementos ocurridos nunha fábrica textil de Nova York, onde mulleres folgistas que revindicaban os seus dereitos , morreron queimadas.

No pasillo da biblioteca tedes un mural informativo sobre algúns aspectos desta loita revindicativa, e algunhas das súas protagonistas.

Na biblioteca atoparedes unha escolma de títulos sobre o tema.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Becas para inglés do MEC

Publicado o 8 Marzo, 2010 na sección +++Documentos e formularios de interese, Secretaría, Lingua Inglesa por Alberte Zato

scholarships.png

Para mestres/as e estudantes de maxisterio

Clíquese na imaxe para descargar o .pdf coas bases da convocatoria

zatoshot_boe_english1.jpg

Para xoves dende 16 a 30 anos

Cliquese na imaxe para descargar o .pdf coas bases da convocatoria

zatoshot_boe_english2.jpg

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo