Letras Galegas 2010
O Día das Letras galegas estará adicado ao poeta Uxío Novoneyra, o poeta do Courel. dende a biblioteca e para celebrar esta data temos unha selección de libros das poesías do homeaxeado, e algúns ensaios sobre a súa vida e a súa obra.
Na planta baixa do centro están a vosa disposición unha serie de títulos do poeta e outras novidades editoriais en lingua galega que podedes levar utilizando o sistema de autopréstamo.
Recordade que temos convocado un concurso de caligramas en lingua galega, e que a próxima semana remata o prazo de presentación. Os caligramas recóllense na biblioteca.
Emlaces de interese sobre o poeta:
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
II Liga CAS de Baloncesto e I Liga CAS de Fútbol
Por segundo ano, o espíritu de servizo a comunidade do alumnado CAS queda especialmente reflexado neste proxecto que se logrou manter ao longo de varios meses. Enfrentándose ao traballo semanal o alumnado implicado está a desenvolver e practicar a súas capacidades en relación á súa autonomía, constancia, disciplina e compromiso, ao mesmo tempo que promociona a práctica do deporte.
Asesorados polo Departamento de E.F., catro persoas de 1º E (Álvaro Rodríguez Cruz, Adrián García López, Pablo Ríos Yáñéz, Antón Ramil Rodríguez ) formaron o equipo CAS que deseñou e está a xestionar a II Liga Interna de Baloncesto para 1º, 2º e 3º da ESO celebrada durante este curso académico. David Álvarez Fernández tomou recentemente a responsabilidade de ocuparse da información gráfica e difusión da Liga.
Nas fotos algúns momentos dun dos partidos na hora do recreo.
Os partidos finais desta Liga xogaránse na 2ª semana de maio e a entrega de premios fárase o día 14 de maio coa celebración do Día das Letras Galegas.
Tamén co asesoramento do Departamento de E.F., cinco persoas de 2º E (Estela Gómez Gómez, Alma Meira Valdés, María Bragado Paz, Oscar Carrera Alonso, Mar Coto Alonso) xestionaron a organización da I Liga CAS de Fútbol da cal se celebrou a final o pasado día 16 de abril.
Tamén o mesmo día 14 de maio faráse entrega das medallas aos equipos gañadores da Liga de Fútbol, 1º posto para ‘O porto de Vigo’ e 2º posto para ‘Juani’s’.
A través deste tipo de actividades, autoiniciadas e autogestionadas, o alumnado do BI desenvolve novas habilidades na línea da escoita activa, a capacidade de diálogo e convivencia, e tamén pon a proba e desenvolve a súa capacidade estratéxica e organizativa.
Imprimir este Artigo
Actividades do grupo de AI- Seguindo a estela de Ken Saro-Wiwa
O pasado xoves 22 de abril, tivemos o pracer de escoitar unha charla a cargo do activista nixeriano Akpobari Nkabari Celestine, que podemos ver na foto
Podedes consultar os seus datos biográficos en
http://www.ogoniforum.org.za/index.php?option=com_content&task=view&id=16&Itemid=2
Akpobari Nkabari Celestine diríxiuse a nós en inglés. A charla, producíase cunha tradución simultánea ao castelán por parte de Lara, a intérprete que o acompañaba.
Celestine está facendo unha importante viaxe por Europa para dar a coñecer a precaria situación que vive a xente Ogoni (raza minoritaria nixeriana a que el pertence) polo abuso das petrolíferas. Relatounos como a xente trata de loitar polos seus dereitos, pero, como o goberno (doutra raza maioritaria), non os apoia e ademais é corrupto, xa que a maioría dos integrantes reciben beneficios das petrolíferas. Destacou, como a vida antes de chegar as petrolíferas, era razonable no Delta do Níxer, nunha economía primaria de autosuficiencia e que cando chegaron estas, vendéronlles un soño que xamais se cumpriu, polo contrario, empeoraron as cousas, xa que as petrolíferas destrúen os campos, bota fumes tóxicos, e a xente nativa, non obtén ningún tipo de beneficio.
Por qué Celestine ven a España? Porque España é un dos principais compradores de petróleo das empresas nixerianas e o noso goberno non lle esixe ás mesmas o cumprimento dos dereitos humanos en Nixeria. Celestine tratounos de abrir os ollos ante a situación e concienciarnos do que nós podíamos facer.
Celestine, continua o traballo de Ken Saro-Wiwa, un activista nixeriano que morreu por esta causa, de feito, tamén Celestine foi arrestado e maltratado pola policía nixeriana xusto antes de partir para Europa, nun suposto intento do goberno para que a situación non saia a luz.
A charla foi moi entretida, e o alumnado asistente mostrouse moi interesado no tema, formulando preguntas de gran interese: cómo podemos contribuír, cómo debe cambiar o goberno nixeriano, qué perigos pode ter facer unha campaña, onde está o problema -se no goberno ou nas empresas-, etc. Celestine contestou a todas elas moi amablemente.
Dende aquí dámoslle as grazas a Celestine por vir ó instituto e a Amnistía Internacional, por darnos a oportunidade de que el viñera. Nas fotos algúns momentos da charla e máis tarde, xunto ao ombú do xardín do instituto
Quen queira máis información pode consultar a páxina web: http://www.ogoniforum.org.za/ ou poñerse en contacto con calquera membro do grupo de AI do instituto. En calquera dos dous casos poderá encontrar moita información de cómo axudar. Nas fotos algúns dos membros do grupo durante a charla.
Leticia López e Tatiana Costas.
Imprimir este Artigo
Recursos para cultura clásica, latín e grego
Alumnado de linguas clásicas

Para todos/as os alumnos/as de cultura clásica, latín e grego. Aqui os deixo uns enlaces moi interesantes onde podedes practicar online, os vosos coñecementos sobre a cultura e linguas greco-romanas. Estas son boas datas, próximos estamos aos exames finais, de poñer en práctica as vosas destrezas da lingua de Roma e da lingua grega.E un modo sinxelo á par que entretido e así os vosos estudos de declinacións e conxugacións non vós resultarán tan duros.
Enlaces
Recursos online de latín, grego e cultura clásica
http://www.culturaclasica.com/
http://www.extremaduraclasica.com/contenidos/htm.
Imprimir este Artigo
Proxecto Educativo do Centro (inclúe o Regulamento de Réxime Interior)
Polo seu interese, publicamos aquí, no documento adxunto, o PEC do Centro, aprobado polo Consello Escolar o día 26 de xuño de 2002.
PEC IES do CASTRO
Imprimir este Artigo
Día do Libro
O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro. De todos é sabido que este día decidiuse pola coincidencia na data do pasamento de dous ilustres escritores Miguel de Cervantes e Willian Shakespeare.
Dende a biblioteca do centro queremos facer unha mención especial deste día, celebrando con toda a comunidade educativa esta data coa entrega de premios dos concursos de marcapáxinas e o concurso dos libros que nestes días estiveron expostos na biblioteca.
MARCAPÁXINAS1º premio : Irina Rial 2º Bac D
2º premio : Álvaro Martín Morán 3º ESO A
3º Premio : Mateo González Cid 1º ESO C
” ELABORA O TEU LIBRO “Premio ao libro máis ecolóxico: Marta Martínez Galindo 3º ESO C
Premio ao libro máis orixinal ou elaborado : Carlos Daniel Ángulo Pérez 3º ESO A
Imprimir este Artigo











