Derivadas (vídeo)

Publicado o 21 Abril, 2010 na sección Matemáticas por Ramón

Logo Google Videos   − 03 −   Derivadas.
El Universo Mecánico [The Mechanical Universe]

Serie documental de 52 capítulos, de media hora cada un, dedicados a distintos temas de Física, aínda que tres deles tratan de temas Matemáticos como linguaxe da Física.  (Derivadas, vectores e integración)

“Leccións maxistrais” impartidas por David Goodstein [Realizado por California Institute of Technology & The Corporation for Community College], que emitiron en TVE2  tve 2  no ano 1985.

A función das matemáticas nas ciencias físicas. Como concepto teórico e ferramenta práctica, a derivada axuda a determinar a velocidade instantánea e a aceleración dun corpo que cae. A diferenciación desenvólvese máis para calcular como unha cantidade calquera cambia en relación a outra. A regra da potencia, a regra do produto, a regra da cadea: cunhas cantas regras sinxelas, diferenciar calquera función resulta unha tarefa doada.
Obxectivos pedagóxicos: Definir o concepto de derivada. Interpretar a relación entre tanxente e derivada. Calcular derivadas elementais usando as regras de diferenciación.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Grupo Escolar AI- Conferencia

Publicado o 19 Abril, 2010 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

O defensor dos Dereitos Humanos Celestina AkpoBari , que estará en Vigo para dar unha conferencia no Centro Social Caixanova, tamén estará no IES do Castro, nun acto organizado polo Grupo Escolar de AI: será o próximo xoves 22 de abril ás 12.30 da mañá, e falará para unha boa parte do alumnado de 1º de Bacharelato na sala de conferencias.

AkpoBari loita para que as empresas responsables da situación no delta do Río Níxer asuman a responsabilidade da contaminación que producen coa súa actividade. Nesta rexión africana prodúcese unha íntima relación entre a extracción petrolífera por parte de empresas multinacionais e a pobreza da poboación autóctona.

Amnistía Internacional pide ao goberno de Nixeria que garantice a protección dos Dereitos Humanos e do medio ambiente, tamén pide ás principais empresas extractoras que fagan realidade os seus compromisos públicos co medio ambiente e cos Dereitos Humanos.

Máis información

http://www.es.amnesty.org/es/donde-estamos/grupos/galicia/grupos/vigo/paginas/agenda/evento/articulo/empresas-y-derechos-humanos-petroleo-contaminacion-y-pobreza-en-el-delta-del-niger/

http://en.afrik.com/article16283.html

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Exposición: Concurso ” Elabora o teu libro “

Publicado o 18 Abril, 2010 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

 

pulpo-bilioteca.jpg

   EXPOSICIÓN E VOTACIÓN

CONCURSO

“ELABORA O TEU LIBRO”

Na biblioteca do centro estanse a expoñer os libros elaborados polo alumnado que participou nesta convocatoria feita pola biblioteca do IES do Castro.

Ábrese o periodo de votacións.

Dúas son as categorias nas que participan os libros dos nosos ” artesáns-libreiros “:

 - O libro máis ecolóxico

 - O libro máis orixinal ou elaborado.

Tócanos a nós,a comunidade educativa (profesorado, alumnado e persoal de administración ), premiar o esforzo e orixinalidade dos participantes.

Votacións:

Do 19 ao 21 de abril podedes votar na biblioteca . A vosa disposición haberá unhas papeletas onde anotaredes o número do libro que consideredes máis elaborado e o máis ecolóxico.

Ánimo e a votar.

O esforzo dos participantes merece o voso voto.

 Entrega de premios do Concurso de Marcapáxinas e do Concurso ” Elabora o teu libro “:

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Graciñas anticipadas pola vosa colaboración.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

PREMIOS CONCURSO MARCAPÁXINAS

Publicado o 16 Abril, 2010 na sección Biblioteca por Alberte Zato

marcapaginas.jpgpulpo-bilioteca.jpg

 

O XURADO DO  CONCURSO DE MARCAPÁXINAS OTORGOU NO DÍA DE HOXE OS SEGUINTES PREMIOS: 

1º PREMIO :  “ Saiz”: Irina Rial García 2º Bac D

2º PREMIO:  “ Edmond Dantés”: Álvaro Martín Morán 3º ESO A

3º PREMIO: Mateo González Cid    1º ESO C 

Os alumnos e alumnas premiados teñen que pasar pola biblioteca o próximo luns.                  

Vigo 16 - 04- 2010

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Novidades en Dvd

Publicado o 7 Abril, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

Últimos títulos adquiridos pola biblioteca na sección DVD

                                     

        Luna Nueva a segunda película da saga Crepúsculo .

                                  agora.jpg

Siglo IV Exipto  baixo o Imperio Romano. As loitas relixiosas nas rúas de Alexandria provocan a destrucción da súa biblioteca. Atrapada nela a astrónoma Hipatía loita por salvar a sabedoria do Mundo Antigo.

                                  300-gimp.jpg    

A moi afamada xesta do rei Leónidas e os trescentos espartanos que morreron nas Termópilas para frear o avanze das tropas do Gran Rei de Persia Xerxes.     

                                  gladiator.jpg  

A historia dun xeneral romano que por avatares do destino convértese nun gladiador. Máximo Décimo Meridio, o hispano, busca vinganza e a súa última misión é vingar a morte do seu emperador Marco Aurelio e o asasinato  da súa propia familia. A película conta cunha fermosa banda sonora.

                                 3-en-1.jpg 

Tres películas musicais no mesmo pack: Dreams girls, Grease e Saturday Night fever.

OUTRAS NOVIDADES EN DVD :

Harry Potter e a Orde do Fenix.

A isla.

The wonders.

Thirtheen 13.

A volta ao mundo en oitenta días.

Lembrade que todos estes Dvds pódense coller na biblioteca como emprésito.

   .

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A historia do número 1 (vídeo)

Publicado o 2 Abril, 2010 na sección Matemáticas por Ramón

logo-matematicas.png  La historia del número 1 en vimeo-logo.gif.

one.png

Documental dirixido e producido por Nick Murphy,
presentada por Terry Jones en 2005 para a BBC.
A historia do número un é a historia da civilización occidental.
Historia das matemáticas explicada de forma amena e divertida.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Recoñecemento

Publicado o 27 Marzo, 2010 na sección Zona Alumnado por Luis Otero

Entrega do Premio ó mellor expediente na E.S.O. Gabriel Quintairos.

Faro de Vigo

Premios

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

NOVIDADES NA BIBLIOTECA PRIMAVERA 2010

Publicado o 24 Marzo, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Xulio Dobarro

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A LINGUA …E A LECTURA

Cando estamos xa no ecuador do curso 2009-10 e con moitos acontecementos relativos á difusión e  promoción dos libros e da lectura( día de Rosalía, 24 de febreiro, día mundial da Poesía,21 de marzo, día do libro Infantil e xuvenil, 2 de abril,ano do libro e da lectura,etc); recordaremos neste cartafol da Biblioteca que tamén nós estamos a contribuír a esa dinamización con actividades diversas. Entre outras, destacamos neste trimestre a presenza entre nós de dúas plumas moi importantes no ámbito da literatura galega e española. Por un lado, J. Gisbert que coa súa maxia e habilidade especial para encandilar á rapazada nunca resulta inoportuna a súa presenza; por outro, nesta mesma semana de lembranza especial da Poesía estivo por aquí Marcos Calveiro para iluminarnos sobre a súa prosa lírica do Canto dos peixes para todo o alumnado de 1º da ESO e comentar co grupo de persoas que pertencen ao Club de lectura “O Castro” a novela histórica “Festina lente”.Desde aquí  aproveitamos para invitarvos á súa lectura e celebrar con ela este Ano Santo 2010 polo que ten de ubicación na cidade de Santiago e de detallada erudición histórica e cultural de Galicia

Marcos sorpredeunos con esta novela polo profundo coñecemento que demostra ter  da sociedade compostelá do século XVII e de determinados motivos vencellados á cultura galega (Pergamiño Vindel, Saqueo de Cangas polos turcos,Universidade, etc),- todos eles ben engarzados, aínda que poidan parecer inconexos- e sobre todo a homenaxe que lles rende a un gremio moi importante da época, os arxinas ou canteiros empregando a súa xerga e utilizándoa con fins literarios como unha especie de códice secreto.

“O canto dos peixes” só pode ser escoitado por aqueles que están dispostos a salvalo. Un vello lobo de mar, Ismael, e un neno, Kobe, adquiren unha complicidade inusitada para levar a cabo esa misión nunha cidade que segundo el mesmo nos confirmou pode ser un Vigo contemporáneo que ten que sensibilizarse que contra o crecemento irracional da cidade e dos arredores debe prevalecer o sentido común.

Por outro lado, convocouse o concurso de Marca-páxinas entre o alumnado do  centro para recoller aquela idea máis orixinal para ser empregada como soporte gráfico dese medio para o reparto entre o alumnado.

Con esta reseña o que se persegue é achegar unha vez máis as NOVIDADES adquiridas recentemente para a Biblioteca para que aquelas persoas que teñan interese, durante as vacacións ou ao longo do mes de abril, por ser este o mes do LIBRO por excelencia, poidan satisfacer as súas ansias lectoras e conmemorar da mellor maneira posible O DÍA DO LIBRO, 23 de abril. Neste contexto de promoción da lectura e a escrita é xa unha tradición que en datas próximas se convoquen os concursos literarios de diferentes modalidades literarias coincidindo coa celebración dos Maios e Letras Galegas.Bota a voar a imaxinación,participa e gaña.

NOVIDADES DE PRIMAVERA EN LINGUA GALEGA

Nun momento tan importante para o futuro da Lingua galega sobre a que se está a lexislar o seu futuro no ensino, cremos que é importante recoller algún dos traballos que con motivo da elaboración do Decreto do “plurilingüismo”  teñen saído á luz recentemente:

Xose-Henrique Costas (Coord): 55 mentiras sobre a lingua galega. Edit. Laiovento

Sechu Sende: Made in Galiza. Edit. Galaxia

X.Ramón Freixeiro Mato: Lingua de calidade. Edic. Xerais

Outros:

Suso de Toro: Sete palabras. Edit. Xerais

Manuel Rivas: Episodios galegos. Edit. Xerais

X. Lois García Fernández: Uxío Novoneyra.Revisitado. Xerais. (Ensaio sobre a vida e obra do poeta ao que se lle adica a edición do 2010 das Letras galegas).

Cid Cabido: Unha historia que non vou contar. Xerais

Teresa Moure: Herba moura. Edic. Xerais

Domingo Villar:A praia dos afogados. Edit. Galaxia

Marilar Aleixandre: A cabeza de medusa. Edit. Xerais

Mónica Bar Cendón: Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha. Edic. Xerais.

             NOVIDADES DE PRIMAVERA EN CASTELÁN 

X. Ramón Mariño Ferro: Leyendas y milagros del camino de Santiago. Ellago Ediciones.

Arturo Pérez Reverte: El asedio. Edit. Alfaguara

Matilde Asensi. Venganza en Sevilla. Edit. Planeta

Julia Navarro: Dime quién soy. Edit. Plaza&Janés

F. Moccia: Perdona, pero quiero casarme contigo. Edit.Planeta

M. Stiefvater. Temblor. Edit. SM

Asa Larsson: Aurora boreal. Edit. Seix-Barral

Fernando Savater: La vida eterna. Ariel

Jeff Kiney: Diario de Greg-Un pringao total. Edit. Molino

Atlas cronológico de la historia de España. Edit. SM

NOTA: Todos estes títulos foron adquiridos recentemente pola Biblioteca do centro e, polo tento, póñense a disposición da comunidade educativa do Instituto.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo