Miguel Anxo Murado no Instituto

Miguel Anxo Murado López, nado en Lugo o 2 de maio de 1965, é un escritor,xornalista e guionista galego que este mércores 22 de maio, víspera do Día do libro, vai impartir unha conferencia para o alumnado de segundo de bacharelato no centro.
(Ler o resto do artigo »)
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Máis colaboracións con ONGs
Sábado 28 de febreiro Día Mundial das Enfermidades Raras
Alumnado de CAS colaborou co desenrolo dunha xornada organizada pola asociación ASEM- Galicia, (Asociación Galega contra las Enfermedades Neuromusculares ) no Museo Verbum.
http://www.asemgalicia.com/index.html
O alumnado colaborador sinala a importancia de colaborar con asociacións deste tipo para, entre outras cousas:
-valorar as propias capacidades
-sensibilizarse e valorar adecuadamente ás persoas discapacitadas ou con enfermidades deste tipo
-enriquecerse axudando á outras persoas
-valorar a importancia da propia saúde
Grazas pola oportunidade!!
Imprimir este Artigo
A perplexidade de Darwin

GONZALO PONTÓN en El País, 29/03/2009
Durante os próximos meses asistiremos á publicación de varias edicións conmemorativas dos 150 anos da Orixe das especies, que se deu ás prensas cando o seu autor, Charles Darwin, ía cumprir 50. É xusto que sexa así. Da carismática trindade progre (Darwin, Marx, Freud), ningún puido derrotar o tempo como o primeiro.
Aínda que quedan algúns detalles por axustar que non afectan á súa esencia, a teoría da evolución foi verificada ata a saciedade dende o rexistro fósil á xenómica comparativa, e hoxe é un feito científico tan indiscutible como a existencia dos átomos ou a dos buratos negros. Indiscutible, pero non indiscutido. As Igrexas cristiás, xudías e musulmás non poden aceptar a teoría da evolución porque, segundo os seus libros santos, un deus primordial omnipotente e omnisciente o creou todo en seis días (ou en seis mil millóns de anos, que no da cronoloxía os clérigos máis espelidos se apuntan á metáfora).
(Ler o resto do artigo »)
Imprimir este Artigo
MULTILINGÜISMO: Unha Vantaxe para Europa e un Compromiso Compartido
Para ve-lo documento a toda pantalla clique en calquera páxina do mesmo. Para saír de pantalla completa, prema na tecla ESC
Resolución do Parlamento Europeo, de 24 de marzo de 2009, sobre o multilingüismo: unha vantaxe para Europa e un compromiso compartido
No arquivo pode consultarse a aposta do Parlamento Europeo polo multilingüismo e polo respecto e promoción das linguas minoritarias e/ou minorizadas
Imprimir este Artigo
O Taboleiro de Realidade
As falacias lingüísticas de algúns/nhas -pódese ler nesto o nome bífido dun combativo e delirante grupo (en realidade monolingüe se se escarva un pouquiño neles/nelas) sen reparo algún
- sempre fican deslexitimadas pola realidade lingüística que envolve as nosas vidas e é proba oral-auralemente tanxible de que algúns/nhas teñen alucinacións (en castelán, por suposto) máis alá do saudablemente aconsellable, e que deberían facérseo mirar por un especialista -aínda que descoñezo de que especialidade médica tería que ser
.
A realidade está magnificamente representada polo artista da viñeta gráfica -e por enriba de todo, observador da realidade- Luis Davila nesta do domingo, 22 de marzo do 2009 no Faro de Vigo:

Máis de Luis Davila en http://www.luisdavila.net
Iso si, nas Illas Filipinas o castelán leva en perigo de extinción moitos anos, e é unha mágoa, a verdade…
Imprimir este Artigo
Alumnado 1º Bach C e B
Unha crítica clásica contra Darwin é que, malia titular o seu libro A orixe das especies (1859), xusto non aclarou como se orixinaban as especies. A selección natural -o mecanismo evolutivo descuberto polo naturalista- baséase na acumulación gradual de pequenos cambios, mentres que as especies adoitan ser entidades discretas e ben definidas: vemos leóns e tigres, non unha escala Pantone de leotigres. A investigación recente, non obstante, aclarou moitos puntos do problema da especiación, ou xeración de novas especies, e confirmou que a especiación ten unha relación directa coa selección natural darwiniana. Tamén revelaron uns principios xerais que terían resultado sorprendentes para o pai da bioloxía moderna. (Ler o resto do artigo »)
“A competencia polos recursos, as carreiras de armamentos entre predadores e presas e outros factores biolóxicos dan forma aos ecosistemas locais durante períodos curtos”, di o evolucionista Michael Benton, da Universidade de Bristol. “Pero son factores externos como o clima, a oceanografía e a tectónica continental os que explican as pautas da evolución a grande escala. Benton é o autor dun dos cinco artigos con que a revista Science celebra hoxe o 200º aniversario do nacemento de Charles Darwin (12 de febreiro de 1809-19 de abril de 1882).
Imprimir este Artigo
Na Punta da Lingua 8
Imprimir este Artigo










