Datas exames finais materias pendentes - curso 2020-2021

Publicado o 7 Abril, 2021 na sección Zona Alumnado, Xefatura de Estudos por Alberte Zato

Clique na imaxe para vela a tamaño 1:1

datas-exames-finais-pendentes-curso-2020-2021.jpg

.pdf

datas-exames-finais-pendentes-curso-2020-21.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Novos horarios de atención ao público ata xullo 2021

Publicado o 4 Marzo, 2021 na sección Administración, Secretaría por Alberte Zato

Novos horarios ata xullo 2021 de atención ao público para salvagardar ao máximo a saude da comunidade escolar do IES DO CASTRO:

Teléfono 986 422974

Atención telefónica de luns a xoves de 9.00 ás 14.00 e de 16.30 ás 19.30. Os venres de 9.00 ás 14.00.

Horario de administración: 

Sempre con cita previa telefónica de 9.00 ás 11.00 e de 12.00 ás 14.00 de luns a venres. O luns pola tarde de 16.30 ás 19.00.

Asemade, atenderemos no noso correo electrónico ies.docastro@edu.xunta.gal

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Desde a miña fiestra: A voltas co ombú do IES do Castro | Artigo do Prof. Xulio Dobarro, ex-director do IES do Castro

Publicado o 20 Febreiro, 2021 na sección Remitido, Publicacións, Taboleiro Transversal, Autores por Alberte Zato

 desde-a-fiestra.jpg

 O último número da revista Camelia, que edita a Sociedad Española de La Camelia en decembro de 2020, publica un artigo titulado “Los árboles, grandes testigos de nuestra historia. Origen del ombú del Castro, símbolo de hermanamiento entre Galicia y Argentina” do que son autoras Ángeles Barros, Pilar Vela e Carmen Salinero. Estación Fitopatolóxica Areeiro. Deputación de Pontevedra.

 

Teño coñecemento desta publicación por unha compañeira, Rosa Segura Iglesias, profesora tamén coma min xubilada, que compartimos Claustro neste centro desde a súa fundación no ano 1993 ata hai poucos anos. Ela, moi coñecedora de números e doutros moitos saberes, é a que me envía o artigo, sabendo que, eu en particular, e a comunidade educativa do Castro en xeral adicaramos algúns esforzos para poñermos o Ombú “no lugar que se merece” [Este foi o slógan da campaña que se iniciou no curso 2009-2010, con desenlace feliz no 2016]

Continúar a ler o artigo completo en .pdf

 .pdf

 a-voltas-co-ombu-do-ies-do-castro.pdf

 

Prof. Xulio Dobarro Ferradás,  ex-director do IES do Castro.

Vigo, xaneiro de 2021.

 

 

 Webgrafía

*Compilación Zatiana 

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Protocolo de adquisición, características e uso das máscaras para o alumnado beneficiario das mesmas

    Publicado o 3 Decembro, 2020 na sección Zona Alumnado, Secretaría, Dirección por Alberte Zato

    pack-de-10-mascarillas-talla-generica1.jpg

    Estimadas familias :

    Segundo a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria no curso 2020/21 será beneficiario das máscaras , directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar.

    A Dirección Xeral de Centros e RRHH mandou unha serie de instrucións para a compra destas máscaras por parte dos centros : Tipoloxía das máscaras – Máscaras hixiénicas reutilizables segundo especificacións UNE 0065 para uso do alumnado. Empregadas para minimizar o risco de propagación da COVID-19 entre as persoas. Non poderán levar ningún tipo de inscrición ou serigrafía.

    Adquiriranse 3 ou 4 por alumno/a en función da súa durabilidade ( número de lavados ) , e dos días lectivos que resten de curso.

    O noso centro mercou 3 por estudante polas características das máscaras . Teñen 70 lavados e poden ser usadas durante 210 días de clase . Recomendamos non usar estas máscaras durante as vacacións e fins de semana.

    Un saúdo da dirección do IES DO CASTRO

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Club de Lectura

    Publicado o 18 Novembro, 2020 na sección Club de lectura, Zona Alumnado por Carmen Vilariño Agras

    Se che gusta ler, pasar un bo rato comentando as lecturas, coñecer a novas e novos compañeiros, esta é a túa oportunidade.

    club.png

    APÚNTATE AO CLUB DE LECTURA

    No primeiro andar  tedes dúas caixas onde poder inscribiros depositando en calquera delas un papel onde fagades constar o voso nome, curso e nivel educativo e en que club  queredes participar.

    club-lectura-2.png

    A próxima semana convocaremos unha reunión con todos os inscritos, para falar  sobre os libros a ler

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Exame Pendentes Filosofía 1º de Bacharelato

    Publicado o 16 Novembro, 2020 na sección Filosofía por Fernando

    EXAME DE PENDENTES FILOSOFÍA 1º BACHARELATO

    CURSO 2022 -2023

    DATAS

    Martes 17 de xaneiro de 2022 de 16,30 h. a 18,00 h.

    Martes 18 de abril de 2022 de 16,30 h. a 18,00 h.

    Se se aproba o primeiro exame non será necesaria a realización do segundo

    CONTIDOS MÍNIMOS.

    FILOSOFÍA, CIENCIA E OUTROS MODELOS DO SABER.

    1- Qué é a filosofía:

    - Orixe histórica

    - Natureza da filosofía

    2- Qué é o saber:

    - Fontes do saber

    - Graos do coñecemento

    - As formas do saber

    - O saber científico

    A FILOSOFÍA COMO RACIONALIDADE TEÓRICA: VERDADE E REALIDADE.

    1- A filosofía como racionalidade teórica:

    - Qué é coñecer ( Interese e posibilidade do coñecemento)

    - Criterios de verdade

    - O problema apariencia-realidade (Realismo e Idealismo)

    - Os límites do coñecemento: racionalismo, empirismo , apriorismo (Kant)

    2- O saber científico:

    - Qué é a ciencia

    - Historia da ciencia

    - O método: indutivo, dedutivo e o método científico.

    - O progreso da ciencia

    A RACIONALIDADE PRÁCTICA.

    1- A filosofía práctica: dimensións, características e primacía

    2- A ética:

    - Moral e ética

    - Moral como estrutura e moral como contido

    - A acción moral e os seus elementos

    - A conciencia moral e as súas funcións

    - Valores e normas morais.

    LÓXICA

    - Formalización

    - Elaboración de taboas de verdade

    ESTRUTURA DO EXAME.

    - Desenvolver 4 cuestións. ( 2,5 puntos cada unha. No caso da lóxica se pedirá un exercicio de formalización que valerá 1 punto e outro de taboa de verdade que valerá 1,5)

    Related Posts with Thumbnails
    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo