ERASMUS + | Educating Citizens: Learning Democracy Through Social Action

Publicado o 23 Xaneiro, 2020 na sección +Erasmus Project por Alberte Zato

logo-social-action.png

EDUCATING CITIZENS: LEARNING DEMOCRACY THROUGH SOCIAL ACTION

(Educando cidadáns: aprender valores democráticos mediante a acción social)

Este é o título do programa ERASMUS+ no que está a participar o noso centro. Ten unha duración de dous anos, comezando en setembro de 2018 e finalizando en xullo de 2020. Estamos a traballar nel catro centros de distintos países europeos. Un deles é o noso, IES do Castro, e os outros tres son: O ProCivitas Privata Gymnasium AB Stockholm que é o centro coordinador internacional e está situado na cidade de Estocolmo; A Szabad Walford Atalanos Iskola és Gimnazium, na cidade de Szeged,  Hungría; o 1st Lyceum of Rodas, en Rodas, Atenas.

O proxecto desenvólvese na área temática da educación para a cidadanía e o obxectivo céntrase en desenvolver a competencia social e cívica entre os estudantes, mediante unha “viaxe de aprendizaxe” que complete os seus estudos curriculares e que os prepare para unha activa participación na vida política e social.

Para cumprir este obxectivo, alumnado e profesorado participante está a desenvolver diversas actividades comúns a todos os centros participantes, ademais dos catro encontros transnacionais, dunha semana, aos que asisten unha representación do alumnado e profesorado participante. Esta é a orde de celebración dos encontros: Szeged (Hungría) en marzo/abril de 2019; Rodas, outubro de 1919; IES do Castro, febreiro de 2020;  Estocolmo, abril de 2020.

Este proxecto está financiado integramente polo programas ERASMUS+ da UE, cunha subvención que cubrir tanto os gastos relacionados coa xestión do proxecto coma os derivados dos encontros transnacionais.

O SEPIE (Servicio Español para a Internacionalización da Educación) é o responsable de  avaliar  a memoria final do proxecto.

Páxina web do proxecto:

https://erasmuseducitizens.wordpress.com/

Instagram do proxecto en Vigo:

socialaction_erasmusplus_vgo

Instagram do proxecto:

socialaction_erasmusplus

erasmus-logo.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Caso de papeiras no instituto: Protocolo sanitario de actuación para as familias

Publicado o 4 Decembro, 2019 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Xefatura de Estudos, Dirección por Alberte Zato

 

xunta-sanidade.png

Información sobre a parotidite (paperas)

Estimados pais, nais ou persoa responsable:

Ante a comunicación de un caso de parotidite entre un alumno de secundaria  do I.E.S. do  Castro de Vigo  , infórmaselle de que no caso de que se seu fillo ou filla non padecera a enfermidade e que non tivese postas dúas doses de vacina triple vírica (vacina que está incluída no calendario infantil de vacinacións), debe acudir ao centro de saúde co seu fillo ou filla. Neste caso, o médico revisará o calendario vacinal, e procederase a súa actualización. A vacinación non altera a rutina diaria e pode acudir ao centro escolar con normalidade.

Se sospeitan que o seu fillo ou filla poda ter a enfermidade, cuxo principal síntoma é a inflamación da glándula salivar parótida, acuda ao seu medico ou PAC. A parotidite é unha enfermidade contaxiosa polo que as persoas diagnosticadas de parotidite non deben acudir ao seu traballo/escola ou a outro tipo actividade común (deportiva, etc) nos 5 días seguintes dende o comezo dos síntomas.

Servizo de Alertas Epidemiolóxicas

Xefatura territorial de Sanidade de Pontevedra

Documento de RECOMENDACIÓNS DE EXCLUSIÓN EN ESCOLAS INFANTÍS E COLEXIO

 .pdf

exclusion_escolas_2018.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

XIII Concurso de Felicitacións de Nadal 2019

Publicado o 17 Novembro, 2019 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

cartel-concurso-nadal.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Sempre con nós, Xoán Xosé, sempre con nós!

Publicado o 25 Outubro, 2019 na sección Taboleiro Transversal por Alberte Zato

sande.jpg

Con consternación  e profunda mágoa temos que comunicar o pasamento do Prof. (xubilado) Xoán Xosé Sande, fundador do IES do Castro.

Grande profesional, carismático e erudito xunto coas súas calidades humanas fan que os que compartimos con el anos e anos de docencia e convivencia sintamos profundamente non poder contar coa súa compañía e sorriso.

A comunidade do IES do Castro presenta aos seus familiares as súas condolencias e sinte a súa perda como propia.

Sempre con nós, Xoán Xosé, sempre con nós!!!!!!!!

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A brand new initiative: English Book Club

Publicado o 14 Outubro, 2019 na sección Zona Alumnado, Actividades, Lingua Inglesa por Alberte Zato

book-club.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

ANPA IES DO CASTRO - Convocatoria de Xuntanza Xeral Ordinaria outubro 2019 e documento de inscrición

Publicado o 2 Outubro, 2019 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

 

 

Clique para velo a tamaño 1:1

documento-inscricion-anpa_page_1.jpg

Máis información e ficha de inscrición na ANPA

.pdf

documento-inscricion-anpa.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Fondo solidario LIBROS DE TEXTO para o curso 2018/19: Listaxes definitivas e libros a recoller polo alumnado

Publicado o 12 Setembro, 2019 na sección Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

 

libros1.png

Consultar a listaxe en .pdf

.pdf

listaxes-definitvas-de-admitidos-fondo-axuda-de-libros-2109-2020.pdf

NOTA IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DA ESO

O alumnado que participe no programa de axuda de libros de texto da Xunta de Galicia debe traer unha mochila para o transporte de libros.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Actualizado: Presentacións do alumnado para o curso 2019-2020

Publicado o 9 Setembro, 2019 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Dirección por Alberte Zato

Clique na imaxe para vela a tamaño 1:1

 presentacions-alumnado-set2019-actualizado.jpg

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo