Presentación do Proxecto de Sensibilización Medioambiental para o alumnado de 1 ESO

Onte, 4 de xuño, tivo lugar no noso centro a presentación oficial do Proxecto CAS  de 1º de Bacharelato Internacional de Sensibilización Medioambiental para o alumnado de 1º ESO, co apoio da alcaldía de Vigo.

 

Visitáronnos autoridades locais e autonómicas: En concreto, o alcalde de Vigo acompañado pola concelleira-secretaria, o xefe territorial  da Consellería de Educación en Pontevedra e o inspector educativo do noso instituto.

No Salón de Actos, coa asistencia do alumnado de 1º de ESO e do alumnado de 1º de BI dinamizador desta iniciativa dentro das actividades CAS del Programa del Diploma, presentouse  esta iniciativa de concienciación do noso alumnado máis novo sobre a conservación e respecto ao medio ambiente e prácticas de preservación e bo uso da riqueza natural do noso planeta. 

 1.jpg

Chegada e saúdo das autoridades na famosa cancela do instituto

2.jpg

 O xefe territorial de Educación saúda ao alcalde e á concelleira de Fomento

 3.jpg

 O alumno de BI, Nicolás Infestas Carazo, dá a benvida ás autoridades

4.jpg

 Presentación do acto e do proxecto polo director do instituto

5.jpg

 O alumno Infestas fala do proxecto en nome dos seus compañeiros/as

6.jpg

7.jpg

8.jpg

Tres momentos da intervención do alcalde de Vigo

9.jpg

10.jpg

As autoridades departindo e socializando co noso alumnado

 11.jpg

12.jpg

Visita e posado obrigado á sombra da nosa árbore senlleira, o ombú

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria oficial de maio 2019 de proba escrita para alumnado da ESO coa materia de inglés pendente de cursos anteriores

Publicado o 14 Maio, 2019 na sección Exames, Convocatorias, Lingua Inglesa por Alberte Zato

 exame_escrito.jpg

Convócase ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO coa materia de inglés pendente de cursos anteriores á realización da proba escrita que constitúe a convocatoria ordinaria.

Esta proba escrita, cunha duración de 60 minutos, realizarase sen axuda de dicionario. Estará baseada nos temas e prácticas propostos polo profesorado durante os meses do presente curso e que deberon ser realizados polo alumnado segundo o plannnig do dito profesorado.

O alumnado que obtivo 5 puntos ou máis nas probas de febreiro 2019 non terá que facer esta proba.
 

Lugar, data e hora:

 

Probas para pendentes de 1º, 2º e 3º de ESOAula de Conferencias

  • Martes, día 28 de maio do 2019, ás 16:00 horas.

 

No caso de non superar a proba, (5 puntos ou máis) ou non aprobar a materia do nivel do presente curso, no mes de setembro haberá unha nova oportunidade, en convocatoria extraordinaria.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Aviso sobre as listas definitivas de admitidos/as no IES do Castro 2019-2020

Publicado o 9 Maio, 2019 na sección Avisos urxentes por Alberte Zato

reserva_praza.png

As listas definitivas de alumnado admitido no instituto non se publicarán ata o día 14 de maio.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

I Torneo IES do Castro de xadrez

Publicado o 30 Abril, 2019 na sección Zona Alumnado, Actividades, Vicedirección por Alberte Zato

torneo-ies-do-castro.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Guías requisitos troncais

Publicado o 23 Abril, 2019 na sección Guías varias por Alberte Zato

dp-programme-logo-es-525.png

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo