Estamos en Ragusa (Sicilia)

Publicado o 6 Maio, 2009 na sección Comenius IDEE por Luis Otero

María, Lola, Sara, Lorena, Daniel , e os profesores Ángel, Rita e Luis estamos participando na visita do Programa Comenius en Ragusa na illa de Sicilia. Estaremos ata o día 8 cos nosos compañeiros da Italia, Bélxica e Turquía. Como podedes ver todos estamos ben e tratando de aproveitar os dias.

Clíquese na imaxe para vela a tamaño orixinal

 en_sicilia_comenius_2009.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A miña primeira onda

Publicado o 30 Abril, 2009 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

Proposta de CAS para que o alumnado de 1º ESO teña a oportunidade dunha clase gratuita de Surf, en colaboración coa Escola de Surf de Patos (www.patosurfclub.com)

O alumnado de CAS fixo a proposta nas aulas de 1º de ESO, utilizando esta presentación.

Instruccións de visionado: Clíque sucesivamente nas frechas de avance de páxina para ver o seu contido. Tamén pode clicar por enriba da presentación para avanzar. Para vela a pantalla completa, clique na icona ‘Full Screen’ ao pé da mesma: pulse ESC para saír da pantalla completa.

Implementación de flash por Alberte Zato

Pódese descargar o arquivo orixinal de Powerpoint dende

Power Point

Esperamos que o alumnado participante disfrute da actividade prevista para o próximo día 8 de maio.

(Actividade aprobada polo Consello Escolar do IES do Castro na súa sesión do 28 de abril do 2009)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Biblioteca e Día do Libro

Publicado o 22 Abril, 2009 na sección Club de lectura, Biblioteca por Xulio Dobarro

                               Día do libro, 23 de abril de 2009

                  W.Shakespeare        Miguel de Cervantes

                                                                                          

É sabido que a elección deste día decidiuse pola coincidencia na data do pasamento dos dous autores.De ter que escoller alguén representativo dentro das Letras galegas de  proxección  universal, sen dúbida, elixiriamos a Rosalía de Castro (1837-1885).Por algo o día das Letras galegas (17 de maio) se escolleu en base á publicación da súa obra “Cantares gallegos”, en Vigo en 1863.

                                   

                                      Rosalía de Castro   

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Miguel Anxo Murado no Instituto

Publicado o 21 Abril, 2009 na sección Lingua e Literatura galegas, Biblioteca por Xulio Dobarro

 

Miguel Anxo Murado López, nado en Lugo o 2 de maio de 1965, é un escritor,xornalista e guionista galego que este mércores 22 de maio, víspera do Día do libro, vai impartir unha conferencia para o alumnado de segundo de bacharelato no centro.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Máis colaboracións con ONGs

Publicado o 2 Abril, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

Sábado 28 de febreiro             Día Mundial das Enfermidades Raras

Alumnado de CAS colaborou co desenrolo dunha xornada organizada pola asociación ASEM- Galicia, (Asociación Galega contra las Enfermedades Neuromusculares ) no Museo Verbum.

http://www.asemgalicia.com/index.html

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009030100_2_301551__Gran-Vigo-Pacientes-enfermedades-raras-reclaman-medidas-para-agilizar-diagnosticos

O alumnado colaborador sinala a importancia de colaborar con asociacións deste tipo para, entre outras cousas:

-valorar as propias capacidades

-sensibilizarse e valorar adecuadamente ás persoas discapacitadas ou con enfermidades deste tipo

-enriquecerse axudando á outras persoas

-valorar a importancia da propia saúde

Grazas pola oportunidade!!

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A perplexidade de Darwin

Publicado o 30 Marzo, 2009 na sección Bioloxía e Xeoloxía, Departamentos por Xosé Ramón García

Darwin no IES do Castro

GONZALO PONTÓN en El País, 29/03/2009

Durante os próximos meses asistiremos á publicación de varias edicións conmemorativas dos 150 anos da Orixe das especies, que se deu ás prensas cando o seu autor, Charles Darwin, ía cumprir 50. É xusto que sexa así. Da carismática trindade progre (Darwin, Marx, Freud), ningún puido derrotar o tempo como o primeiro.

Aínda que quedan algúns detalles por axustar que non afectan á súa esencia, a teoría da evolución foi verificada ata a saciedade dende o rexistro fósil á xenómica comparativa, e hoxe é un feito científico tan indiscutible como a existencia dos átomos ou a dos buratos negros. Indiscutible, pero non indiscutido. As Igrexas cristiás, xudías e musulmás non poden aceptar a teoría da evolución porque, segundo os seus libros santos, un deus primordial omnipotente e omnisciente o creou todo en seis días (ou en seis mil millóns de anos, que no da cronoloxía os clérigos máis espelidos se apuntan á metáfora).

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

MULTILINGÜISMO: Unha Vantaxe para Europa e un Compromiso Compartido

Publicado o 25 Marzo, 2009 na sección Normalización e Dinamización Lingüística por Sande

Para ve-lo documento a toda pantalla clique en calquera páxina do mesmo. Para saír de pantalla completa, prema na tecla ESC

 

Resolución do Parlamento Europeo, de 24 de marzo de 2009, sobre o multilingüismo: unha vantaxe para Europa e un compromiso compartido 

 No arquivo pode consultarse a aposta do Parlamento Europeo polo multilingüismo e polo respecto e promoción das linguas minoritarias e/ou minorizadas

.pdf  multilinguismo.pdf

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo