Formación medioambiental e voluntariado en ‘As Corcerizas’

Publicado o 1 Decembro, 2011 na sección Viaxes, Zona Alumnado, Actividades, Taboleiro Transversal por Isabel Flores

rd-monte.JPG

Durante os pasados días 15 a 18 de novembro o grupo 1º E de Bacharelato, do BI, realizou unha viaxe de estudos centrada na programación de CAS, aínda que moitas das actividades realizadas teñen unha función integradora de diversas materias e requerimentos do BI.

A viaxe consistiu nunha estancia no Centro Medioambiental ‘As Corcerizas’ (http://www.amigosdaterra.net/info/ascorcerizas/index.html) xestionado por Amigos da Terra. Nas fotos podemos ver ao grupo de alumnado durante a realización dalgunha das actividades, co profesorado acompañante e monitores e monitoras encargadas das actividades.

Aínda non estando completa a avaliación da actividade –enfocada a buscar solucións a problemas globais, dende unha perspectiva local- por parte do alumnado, podemos adiantar algunhas das experiencias vividas e habilidades traballadas.

Entre outros contidos traballáronse os seguintes:

-finalidade do voluntariado na sociedade. Servizo de Voluntariado Europeo

-problemática medioambiental local e global

-elaboración dun proxecto de voluntariado e presentación pública do mesmo

-realización de actividades de voluntariado etnográfico e medioambiental

 rd-traballo-ludico.JPG

Todo elo mantendo presente a promoción ou práctica de:

-técnicas de traballo en grupo para os distintos obxetivos

-debates e outras estratexias de comunicación

-capacidade crítica

-conciencia medioambiental

-responsabilidade persoal e colectiva

-conservación do patrimonio

-atención ao benestar físico e psíquico

-reflexión sobre a aprendizaxe persoal

Esta promoción tiña baixas expectativas de aprendizaxe da súa visita a As Corcerizas e isto reflexouse na súa actitude durante unha boa parte das actividades e por suposto, dificultou a súa aprendizaxe. Na súa avaliación final varias persoas sinalan que se volvesen facer esta actividade outra vez intentarían ser máis participativas e abertas. De calquera xeito sinalan que

-se cumpliron os obxetivos de coñecer mellor ao resto do grupo, respetar máis o medioambiente e comprender CAS mellor.

-comprenderon unha variedade de posibilidades para unha mellor xestión da enerxía

-consideran que o voluntariado é unha ferramenta eficaz para transformar o modelo actual  cara un máis xusto. De feito a 4 persoas gustaríalles facer traballo de voluntariado de xeito local , e 3 mencionan a posibilidade de facer o Servizo de Voluntariado Europeo antes de ir a universidade.

Isto é o que valoraron  máis positivamente da actividade

 

-convivir cos compaňeiros e compañeiras

-o papel que a desenvolver nela

-que pese a estar moi pouco convencidos/motivados, o pasaron ben

-descubrir cousas para axudar ‚‘aínda que sexa localmente‘

-a actitude  e aportacións dos monitores

-o descubrimento dos diferentes frentes de actuación do voluntariado e o  traballo físico

rd-clase.JPG         rd-sala-e-castineiros.JPG

rd-senderismo.JPG         rd-xogos-sala.JPG

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Saídas á Natureza do IES do Castro na Escola do Faro

Publicado o 1 Decembro, 2011 na sección Zona Alumnado, Actividades, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

escola_faro.jpg

 

Descarga do artigo en .pdf

 .pdf

 escola_faro.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

II Concurso de Felicitacións de Nadal

Publicado o 30 Novembro, 2011 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

concurso_felicitacions.jpg

 

CONCURSO de Felicitacións Nadal 2011

MODALIDADES:

A) FELICITACIÓNS INFORMATIZADAS (en powerpoint, flash, …).

B) FELICITACIÓNS TRADICIONAIS (formato papel).

CATEGORÍAS:

 I.- 1º, 2º e 3º da ESO

II.- 4º da ESO, 1º e 2º BACHARELATO

PREMIOS:

50 € en metálico por modalidade e categoría, segundo defina o Xurado

BASES:

1. Poderanse presentar traballos individual e/ou colectivamente.

2. Deberán ser traballos orixinais, e en galego.

3. Nalgún lugar deberá aparecer o nome e/ou logotipo do “IES O Castro de Vigo”.

4. As felicitacións tradicionais faranse nun formato non superior a DIN A4 (210×297 mm.)

5. O xurado poderá declarar deserto calquera premio se estima que non se acada un nivel mínimo de calidade ou orixinalidade.

6. Os traballos presentados serán expostos nas instalacións do centro e na web do instituto.

7. O prazo de presentación dos traballos rematará o 19 de decembro, e o fallo do xurado farase público o día 21 dese mes.

8. Os traballos non regrados na programación académica do Centro serán entregados no buzón da ANPA (modalidade B ou disco en modalidade A) e no correo electrónico anpaiesocastro@hotmail.com (so modalidade A), indicando os seguintes datos: nome(s) e apelidos, e curso.

9. O xurado é composto por 2 membros da ANPA, 2 alumnos da Xunta de Delegados do centro, e 2 profesores do Instituto que serán os que decidirán os traballos premiados.

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Stop victimas de accidentes de tráfico

Publicado o 27 Novembro, 2011 na sección Taboleiro Transversal por Luis Otero

foto-3.jpg

Alumnado de 4º ESO e 1º Bach participou na celebración  dunha homenaxe ás  victimas de accidentes de tráfico.

 foto-4.jpg

 Mais información gráfica

Para saber máis sobre Stop accidentes, aqui 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O alumnado de 3º celebra o ano internacional dos bosques

Publicado o 22 Novembro, 2011 na sección Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

 p4265727.JPG

 Iniciando a xeira con sorpresas: as píntegas no chan, os eucaliptos ameazantes

O pasado xoves 10 de novembro, coincidindo coa semana do San Martiño, e antes de que remate o presente ano, por ser este “O ano internacional dos bosques”, un amplo grupo de profesores e todo o alumnado de 3º da ESO do Instituto en colaboración coa COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE SAN SALVADOR DE CORUXO trasladámonos ata ese monte para transmitirlles ás novas xeracións a importancia que ten a conservación do monte, para nós non tanto polo valor material, senón máis ben polo valor inmaterial.
A xornada estivo precedida da documentación necesaria para que ademais da información que lles facilitarían alí os gardas forestais xa soubesen minimamente do que se trataba. A andaina partiu sobre as 11 da mañá desde o lugar da ASOCIACIÓN, despois que aquí lles presentaron os gardas algunhas consideracións previas e visen o funcionamento da máquina empregada para a trituración da biomasa,  para dirixirse pola aba sur do monte en dirección ao parque forestal de San Miguel de Oia, observar algunha zona de moita vexetación alóctona (eucalipto e acacia negra) e outras de frondosas que están sendo reintroducidas.

 p4265725.JPG

 Caras coñecidas no camiño: aproveitando o patrimomio inmaterial

Ao mesmo tempo puideron desfrutar de extraordinarias vistas sobre a Ría e  de identificación de distintas especies arbóreas (castiñeiro, carballo, freixo, érbedo, capudre, etc), así como outras curiosidades relacionadas co aproveitamento do monte para o lecer (arte rupestre, actividades deportivas que se poden desenvolver, paisaxismo, etc).
Sobre o mediodía chegamos ao punto máis elevado do percorrido, o monte Maúxo (453 m), e aquí puideron observar a paisaxe outonal coa follaxe en distintas tonalidades, os cogomelos recén saídos da terra, e unha mámoa ben localizada no lugar coñecido como a Chan grande (relacionar este topónimo co de Chan da lagoa, Chan da arquiña, etc), e para concluír a mañá subir ata o cumio  máis alto e desde alí dominar toda a contorna da cidade en todas as direccións ou mesmo chegar a albiscar ata a ría da Arousa.

Despois de repoñer forzas no parque forestal de Coruxo, descansando e comendo, aínda que a choiva ameazaba  a xeira, iniciamos o descenso do monte pola cara leste en dirección a un dos lugares mellor recuperados e conservados do monte: A regueira de Laxiade. Aquí aproveitamos para recordarlles aos alumnos que se trata dun espazo con  frondosas (abelairas, amieiros, carballos, castiñeiros, etc.), algunhas das cales recuperaron a zona de xeito espontáneo e outras foron plantadas para evitar a substitución total pola acacia negra e o eucalipto.
Como anécdota, contar que se aproveitou o lugar para aclarar a diferenza entre o bugallo/carrabouxo e a landra dos carballos e para observar algunhas pegadas de píntegas ou xabaríns.
Xa para rematar o percorrido, achegámonos a un dos lugares máis emblemáticos desde o punto de vista artístico, “O petroglifo da Pedramoura”, onde quedan as pegadas de tantos anos atrás, aínda que o seu estado de conservación sexa crítico.
A xornada remata co regreso ao Instituto, logo de recordarlles que aquí se conservan, entre outras, algunha mostra arquitectónica moi importante como é a igrexa de arte románica de San Salvador de Coruxo, e de arquitectura popular: cruceiros, muíños, pombais ou hórreos que poñen de manifesto a importancia que tivo a agricultura na parroquia.

p4265729.JPG

María e Amaia saborean os amorotes dos érbedos

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Impreso do Reading Report para a ESO

Publicado o 14 Novembro, 2011 na sección Documentos, Lingua Inglesa por Alberte Zato

reading_report_pile.png

 

Antes de descargar unha ou outra versión segue as instrucións do teu profesor/a sobre que formato tes que utilizar para realizar a tarefa de Reading Report

 DESCARGA

.pdf

VERSIÓN PARA IMPRIMIR EN PAPEL 

 reading_report_eso.pdf

VERSIÓN PARA ENCHER NO ORDENADOR EN MODO FORMULARIO E ENVIAR DESPOIS POLO MEDIO QUE O PROFESORADO INDIQUE

 reading_report_eso_formulario.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

MAGOSTO

Publicado o 13 Novembro, 2011 na sección Celebracións, Zona Alumnado, Actividades, Taboleiro Transversal por Sande

magosto-01-640×480.jpgmagosto-02-640×480.jpgmagosto-03.jpg

Co asesoramento do Windguru, o alumnado de 1º e 2º da ESO celebrou o Magosto no Parque Forestal de Beade. O mestre castañeiro deulles  matematicamente o punto exacto ás brasas, e entre xogos e natureza… “os que tiveron mañas comeron castañas”

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

De interés para 2º Bach. A,B y E ( M.V.A.S. y ONDAS)

Publicado o 9 Novembro, 2011 na sección Física e Química por Nieves

ENLACE 1

ENLACE 2

ENLACE 3

ENLACE 4

ENLACE 5

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo