Día das Bibliotecas
Como todos os anos o día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, en lembranza da destrucción da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante o conflicto dos Balcanes.
O obxectivo é concienciar á sociedade da importancia da lectura e facer unha homenaxe e recoñecer o seu labor as bibliotecarias e bibliotecarios.
O lema de este ano é ” Biblioteca, sempre ao teu carón”
Hoxe no Día das Bibliotecas como unha biblioteca máis queremos festexar esta data.O verdadeiro sentido da existencia da biblioteca do centro é estar ao carón de toda a comunidade educativa.
A historia da nosa biblioteca é longa , dende o primeiro día de funcionamento o obxectivo foi estar ao servizo de todos vó
Neste curso apesares da situación seguimos traballando con ilusión. Somos un equipo formado por sete profesoras que nos recreos levamos adiante o servizo de préstamos pero o noso labor non só se limita a facer estes,dende o inicio do curso traballamos para estar ao carón da nosa comunidade educativa elaborando:
- Instrucións e protocolo de préstamos
-Altas de novas e novos usuarios de biblioteca.
-Colocación nas aulas do protocolo de préstamos.
-Publicación no blogue, na web e nas redes sociais da biblioteca Facebook e Instagram dos protocolos e instrucións
- Listaxes de números de lectores para poñer nas aulas e que ninguén esqueza o seu número de lector.
- Listaxes de cursos e números de lectores para facilitar o seu labor as profesoras e profesores que realizan os préstamos nas aulas.
-Atención personalizada de préstamos mediante correo electrónico.
-Caixas- buzóns para facilitar as devolucións nas portas de acceso ao centro e na entrada da biblioteca.
Todo sempre seguindo o protocolo COVID .
Intentaremos seguir avanzando para facilitar estes servizos e implementar nestes días outros como a HORA DE LER , comenzar coas recomendacións de lecturas , CLUB DE LECTURA, actividades de dinamización e concursos.
Bo Día das Bibliotecas e boas lecturas .




















