Sen servizo web nos últimos días

Publicado o 1 Setembro, 2010 na sección Sobre o sitio web por Alberte Zato

Este sitio web -e os do resto de centros públicos dependentes da Xunta de Galiza- estivo sen servizo durante os últimos días por problemas alleos ao centro, e derivado, segundo o explicado pola UAC (Unidade de Atención a Centros), dunha avaria no servidor que dá vida aos sitios web dos mesmos.

Aínda que non é da nosa responsabilidade -ou cecais por iso-, si que temos que suliñar que é sorprendente coma un servizo xa tan esencial de comunicación coma os sitios web dos centros estivera nestas datas cruciais sen ser arranxado en tempo e forma. Xa sabemos os que nos adicamos aos medios informáticos que cando o Sr. Murphy se enfada , non hai moito que facer pero…

Alberte Zato, TICs

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Os nosos primeiros diplomados/ As nosas primeiras diplomadas.

Publicado o 5 Xullo, 2010 na sección Avisos urxentes, Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

diploma_ib.png

Esta é a relación dos estudantes diplomados polo Bacharelato Internacional:

Lola Alonso CorralMarta Pesqueira Loira (Diploma bilingüe)María Bragado PazIria de la Torre RiveiroAlejandro Docampo SimónPablo García CondeSara Gómez GonzálezBeatriz Lence MassaBran López LuengoAlma Meira ValdésRaquel Sanz PérezLucía Rodríguez LoureiroVerónica Pozas Nogueira.Noraboa a todos e todas. E tamén os que non acadaron o Diploma pero participaron co seu esforzo para que isto fose posible.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Publicación de resultados do Diploma BI

Publicado o 5 Xullo, 2010 na sección Avisos urxentes, Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

Os resultados estarán accesibles para o alumnado a partir das 21:00 GMT do martes dia 6 de xullo  na páxina http://results.ibo.org.

As claves de acceso foron enviadas por correo eléctrónico pero tamén  estarán a disposición do alumnado no Instituto en horario de secretaria.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

ITALIA: “Un vindeover”

Publicado o 27 Xuño, 2010 na sección Zona Alumnado, Actividades, Vicedirección por Xulio Dobarro

PROMOCION DE 4º DE ESO 2009-2010As ganas eran moitas as de iniciar esta viaxe por terras italianas. Os esforzos tamén foron importantes para algúns dos alumnos e das familias, por iso había que aproveitalos ao máximo.Lembremos o traballo dos recreos coa organización do rastrillo ou algunhas iniciativas particulares para acadar unha mínima solvencia para afrontar gastos básicos.A tradición dinos que por estas datas a maioría do alumnado de cuarto da ESO soe experimentar novas emocións e por iso rompe coa rutina das clases, da familia, das amizades de todos os días e adéntrase en novas vivencias e convivencias. Como case sempre, este tipo de turismo supón un esforzo engadido á cotidianiedade: madrugar para coller o primeiro voo con saída do aeroporto de Vigo, aló polo día 17 de xuño, e logo, non durmir case nunca e voltar a madrugar ao día seguinte para aproveitar as horas de luz, con algo de choiva neste caso.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

PRESENTACIÓN DE TRABALLOS (grupo 4)

Publicado o 17 Xuño, 2010 na sección Avisos urxentes, Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

O alumnado de 1º de Bacharelato, grupo E/F, do

Instituto do Castro de Vigo

convídao/a

ó acto de presentación dos traballos de investigación sobre

“A ría”

Terá lugar o vindeiro martes, dia 22 de xuño, as 18 h na sala de conferencias.

IES do Castro

r/ Posada Curros, 1 Vigo

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Con C de Creatividade

Publicado o 14 Xuño, 2010 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

Entre as actividades de CAS, tamén este ano estamos levando a cabo un pequeno ciclo de charlas para achegarnos á creatividade ‘artística’, o seu significado, a maneira de vivila.  Contamos para elo coa colaboración de artistas experimentados, persoas recoñecidas nos seus respectivos campos.

A finais de maio, tivemos a visita da pintora Loreto Blanco Salgueiro, profesora do Dpto de Pintura da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Loreto Blanco falou do proceso de creatividade na pintura e para ilustrar a súa charla analizou parte da súa última exposición na sala Art Next de Vigo.  Tamén tivemos a oportunidade de ver e ‘tocar’ unha serie de obxetos e ‘libros’ fabricados noutros momentos da súa carreira.

A partir da súa páxina web podemos comprender a traxectoria desta artista:

http://loreto.webcindario.com

O próximo venres 18 de xuño, nunha das aulas do Conservatorio Superior de Vigo, Geraint Lloyds Davies, pianista galés, residente no noso país dende hai varios anos, falará da música e do seu proceso creativo e executivo. A elección do conferenciante nos permite que a charla sexa en inglés, coa conseguinte práctica desta lingua.

No primeiro trimestre do próximo curso o profesor Román Raña, recoñecido literato, nos achegará ao mundo literario.

A continuación unha breve reseña da primeira charla, redactada por un grupo de traballo de 1º E.

Loreto Blanco Salgueiro

loretored.JPG

O pasado  26 de maio os alumnos e alumnas de 1º E tivemos una charla con esta artista. Orixinaria de Moaña estudou Belas Artes, e hoxe en día é profesora na universidade de Pontevedra; múltiples publicacións e exposicións avalan o seu traballo.

Cada persoa é unha artista en si mesma, segundo Loreto. O noso punto de vista e a nosa forma de enfrontarnos ao día a día, á vida fannos artistas a cada persoa.

ESTAR, SENTIR, VIVIR, son sensacións claves para deixar fluír a túa imaxinación, non pensar nos problemas. Tes que sacar da túa mente a rutina de todos os días, buscar alternativas, saír dun mesmo para así poder atopar o que che conducirá a algo novo. Recollemos as palabras desta artista, que pensa que para crear arte é preciso desconectarse da parte analítica dos nosos cerebros, a esquerda, e deixar fluír a parte dereita, onde está radicada a nosa intuición.

Esta charla foi, en definitiva, unha magnífica forma de acercarnos á arte e recordarnos a súa importancia e o que debemos valorala dentro do noso proceso vital de crecemento e maduración persoal.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Entrega de premios Letras Galegas e competicións deportivas

Publicado o 14 Xuño, 2010 na sección Club de lectura, Normalización e Dinamización Lingüística, Biblioteca, Vicedirección por Carmen Vilariño Agras

O mércores día 9 de xuño entregáronse no salón de actos do centro os premios das Letras Galegas e os premios das distintas competicións deportivas que se levaron acabo durante o presente curso. Foron premiados os alumnos/as que participaron nas distintos concursos das Letras Galegas, concurso de video e caligramas. O premio de coplas dos maios recaeu na profesora Concha Otero, que agradeceu ao xurado este reñido e importante premio.O alumnado que participou nas competicións deportivas recibiu os seus trofeos despois de un curso de animada disputa deportiva.

O salón de actos estaba repleto de alumnado e mesmo de profesores e profesoras que acompañaron aos premiados, en recoñecemento do seu esforzo e bo facer.

Parabéns a todos os galardonados/as e moito ánimo para seguir colaborando nos diferentes concursos e actividades deportivas que no vindeiro curso sexan organizadas para todos vós.

premios-letras-galegas.jpg

Clique na imaxe para vela a tamaño completo

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

VERÁN DE LER, VERÁN DE LECER

Publicado o 13 Xuño, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca por Xulio Dobarro

0035.jpg

Marcos Calveiro presentando a súa novela O canto dos peixes ao alumnado de 1º da ESO

BIBLIOTECA:    VERÁN  DE LER, VERÁN DE LECER

Cando se publicou o cartafol anterior da Biblioteca, coincidía este coa primavera e desexabamos mil primaveras máis para a lingua e a lectura porque os tempos non eran moi propicios nin para unha, nin para a outra; agora que estamos ás portas do verán é hora de facer balance do curso e tamén de recordar que  o estío non é para esquecer os hábitos de lectura  adquiridos aínda que algunhas  das lecturas fosen  obrigatorias e outras por lecer.

En canto á avaliación hai que lembrar que este é o primeiro curso no que a BIBLIOTECA ten existido no sentido máis amplo da palabra e, polo tanto, tamén, en certo modo, de asentamento e de aplicación de todos os recursos que co Plan de mellora de Bibliotecas se levan realizado nas dúas últimas edicións en canto a equipamento e infraestrutura. Polo tanto, cremos que hai moitas cousas por facer, pero tamén unha certa satisfacción do deber cumprido por parte das persoas que integran o equipo de Biblioteca e que no vindeiro curso deberemos poñer en práctica o Plan lector do centro no que hai que contar de xeito ineludible co equipo de profesorado e,de maneira especial, cos responsables dos Departamentos. Vaia desde aquí a chamada a todos nós para que ese Plan sexa unha realidade. Non esquezamos que, á parte de que se estea de acordo ou non co Decreto que regula os centros de Secundaria, todos os Departamentos deben contar cun  programa de lecturas para a ESO e reservar semanalmente un tempo á LECTURA. O verán pode ser unha boa ocasión para iniciar esa escolma de lecturas e propoñelas para o novo curso.ADIANTE.  

Marcos anuncia a aparición das seguintes novelas: O sombreiro de malvas e Settecento, as dúas en Edicións Xerais.     

ACTIVIDADES

O fomento da lectura por parte da Biblioteca parece unha obviedade, pero non o é tanto se temos en conta que aquela ten na actualidade outra dimensión en canto aos soportes da información e da formación de opinión. Os libros, as revistas, os xornais, os cómics, os Dvd son importantes, pero tamén o é a Internet, e a pouco que isto siga así xa logo haberá que pensar no libro dixital. Pero, quizais tanto ou máis importante é o uso adecuado deses recursos e para iso está a formación de usuarios para que de xeito crítico se saiban achegar a todos eles. Niso estamos.Amén dos innumerables concursos e exposicións de materiais bibliográficos cando así se aconsellou (Letras galegas, Día mundial da poesía, Día do libro, Caligramas, etc.)

LIBROS - FOLERPAS DE NOVONEYRA. BIOGRAFIA E ANTOLOXIA LIBROS - UXIO NOVONEYRA

Outras vías para fomentar a lectura son, por exemplo, a existencia dun CLUB DE LECTURA, que desde hai tres anos vén funcionando no Instituto e no que veñen participando, con mellor ou peor fortuna, todos os sectores da Comunidade educativa. A dinámica desta edición pasou polo comentario de tres obras, entre as que destacamos a de Marcos Calveiro, Festina lente, que ademais de contar coa súa presenza tamén foi unha das razón para viaxar a Santiago e visitar algúns dos lugares polos que se moven os protagonistas. O grupo de “infantil” abordou lecturas máis en consonancia coa idade: “O neno do pixama a raias” e  ”Endrina ou o segredo do peregrino”.De cara ao VERÁN  o que imos propoñer aquí só son unhas pequenas suxerencias e informar de que periódicamente se veñen adquirindo materiais, sobre todo LIBROS, pero non exclusivamente.Por exemplo, se ten incrementado de xeito exponencial a incorporación de DVDs, algúns clásicos e outros moi actuais. Non somos quen de dicir o que se debe ler, pero si o que está disponible para ler ou ver.NOVIDADES:

Cando empregamos neste contexto o termo NOVIDADES é para referirnos non tanto aos títulos de actualidade, -que tamén-, pero sobre todo para informar dos libros recibidos, porque pode ser algún que non existise e que se considera fundamental para unha Biblioteca escolar.                                   

   Lingua galega

Foron varios os traballos de investigación e reedicións da obra do poeta Uxío Novoneyra,homenaxeado nesta edición das Letras galegas, e que o Instituto realizou a súa peculiar homenaxe coa visión ofrecida por profesorado e alumnado. O que queira  pode pasar pola Biblioteca para ver case todo o que se publicou sobre el.

E iniciamos esta escolma coa recén publicada obra de Marcos Calveiro :O pintor do sombreiro de malvas e Settecento, ambas as dúas en Xerais.

 Paula Carballeira: O lobishome de Candeán. Galaxia                                                 

LIBROS - OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ LIBROS - KAFKA E A BONECA VIAXEIRA

J.Sierra y Fabra: Kafka e a boneca viaxeira.

Edit. GalaxiaJaureguizar: Corazón de chocolate. Edic. Xerais

A.  Fariña: Megatoxos e a espada esmeralda. A nosa terra.

Carlos Freire: Acio sanguento. Edic. Xerais

Agra: O recendo das mimosas. Edic. Xerais

CASTELÁN:   

Ensaio:  

 La caballería  // Antes del big bang

A. Manguel: El legado de Homero. Edit. Debate.              

 FICCIÓN:               

 LIBROS - LEER ESPAÑA: UNA HISTORIA LITERARIA DE NUESTRO PAIS LIBROS - LOS OJOS AMARILLOS DE LOS COCODRILOS

 

S. Meyer: La segunda vida de Bree Tanner. Edit. Alfaguara

Varios: Cada vez más extraña-Emily. Edit. SM

K. Pancol: Los ojos amarillos de los cocodrilos. La esfera de los libros

E. Kedros: Chicas del Olimpo. Dit. El molino.

R. Saviano: Gomorra. Edit. De Bolsillo                       

                         Ollo! Non están todos. Acude á Biblioteca!

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo