Explorando o proceso da creatividade nas artes plásticas

Publicado o 15 Xuño, 2011 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

Texto de SILVIA QUEIRO E MARY DACASA

O pasado Luns día 30 de Maio, o grupo de primeiro de Bacharelato Internacional máis outras alumnas do centro interesadas, acudiron á charla de Loreto Blanco, profesora na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, sobre a creatividade.

 

foto1.JPG

Ó principio ensinounos as súas obras no ordenador, dende a súa páxina web, explicounos en que consistían e exemplificou con imaxes. Máis adiante mostrou unha gran proximidade cara a nós cando nos ensinou outras das súas creacións -da serie ‘Pinemas’- pero de forma que as puidéramos tocar e sentilas doutra forma que coa vista.

 

foto2.JPGfoto3.JPG

Ela definiu a creatividade baseándose na súa experiencia e na súa opinión. Para Loreto, a creatividade está relacionada cunha enerxía interna que todo-los seres humanos temos, un potencial creativo que segundo ela necesitamos facer espertar e que supón unha serie de valores internos que van máis alá de todo aquilo relacionado co diñeiro, o poder, etc. A partir desta definición sobre a creatividade, Loreto explicounos como todo-los seus proxectos artísticos se baseaban esencialmente nela.

 

Na súa primeira serie de obras chamada “Puestas de luz” explicounos que o que pretendía era poñer luz nas zonas do noso corpo que están bloqueadas, sen vida, oprimidas. Nun principio non se sentía coa capacidade necesaria para afrontar o proxecto, xa que non tiña experiencia nesta clase de traballos e era algo completamente novo para ela, pero aprendeu a desenvolver potenciais tales como a humildade, a confianza nela mesma e a creatividade. Colleu experiencia suficiente e observou a evolución do seu traballo comparando as primeiras obras coas últimas.

 

foto4.JPG

 

Outra serie de obras das que falou foi de “Quiescentes” coa cal quería representar as inquietudes das persoas, o estado de inexpresión no que nos atopamos cando queremos facer algo pero non podemos debido a diversos motivos. Comparaba esta obra cunha bolboreta: no paso de verme a bolboreta, ós nosos ollos parece que o ser non experimenta ningún cambio, pero é evidente que algo está a pasar aí dentro xa que de un verme pasa a ser unha bolboreta. Outra das súas series da que falou é a chamada “Donde buscamos la luz” coa que pretende representar e darlle significado a cada unha das miradas das persoas que varían dependendo da orientación na que se miran.

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Entrega premios Concurso Ilustración

Publicado o 14 Xuño, 2011 na sección Club de lectura, Biblioteca por Alberte Zato

Hoxe na biblioteca entregáronse os premios do Concurso de Ilustración

O alumnado gañador foi :

MODALIDADE I (1º,2º, 3º ESO)

Antón Fernández Bragado

p5140052.JPG

MODALIDADE II (4ºESO,1º,2º BAC)

Andrea Costa Teijeira 1º Bac D

p5140053.JPG

Alumnado finalista:

Modalidade I

p5140055.JPG

Noelia Gontad Saavedra 1º ESO B

p5140057.JPG

Xabier Portas 1º ESO C

p5140056.JPG

Elena Campillo Ageitos 1º Bac E

Ana Oliveira 4º ESO B

Parabéns a todos os premiados e premiadas

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

EXAMEN DE FÍSICA DE SELECTIVIDAD

Publicado o 13 Xuño, 2011 na sección Física e Química por Nieves

Ante los rumores sobre el incorrecto enunciado de un problema de Física (opción B-problema 2) debo decir que el ejercicio en cuestión está perfectamente propuesto y, una vez resuelto, concuerdan los resultados de los cálulos analíticos y gráficos.

Para cualquier duda sobre este u otros problemas estoy a vuestra disposición en el Instituto. Saludos y a ver que pasa….

Nieves

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Entrega del premio al mejor periodista juvenil del Concurso Prensa en la Escuela de La Voz de Galicia

Publicado o 7 Xuño, 2011 na sección Zona Alumnado, Actividades, Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

  La alumna de 2º de Bachillerato Sara Vila Comesaña recibió el pasado sábado día 4 el premio al mejor periodista juvenil del Concurso Prensa en la Escuela de La Voz de Galicia. Mañana, miércoles 8, saldrá en este periódico un amplio reportaje de la entrega de premios, realizada con motivo de la Fiesta Voz Natura, celebrada a lo largo de todo el día en la antigua Universidad Laboral de La Coruña.

sara-coruna-2.jpg sara-coruna-1.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O IES do Castro e a Casa dos poetas de Celanova: Diploma de fidelidade

Publicado o 1 Xuño, 2011 na sección Viaxes, Zona Alumnado, Lingua e Literatura galegas por Alberte Zato

celanova_2011_450.jpg

O alumnado de 3º da ESO da promoción 2010-2011 celebra na horta da Casa dos poetas en Celanova- Casa natal de Curros Enríquez- a entrega do diploma recibido polo Instituto da Fundación Casa dos poetas, pola fidelidade nesta visita ao longo de moitos anos.

[Clíquese na imaxe para vela a maior resolución]

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

La opinión de nuestros alumnos

Publicado o 30 Maio, 2011 na sección Publicacións, Lengua y Literatura castellanas por Alberte Zato

En el siguiente enlace pueden leerse 24 artículos periodísticos seleccionados de los alumnos de 2º de Bachillerato que han terminado el curso estos días: Revista de opinión

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Despedida do Alumnado de 2º de Bacharelato 2011: Reportaxe gráfica

Publicado o 29 Maio, 2011 na sección Celebracións, Despedidas, Zona Alumnado por Alberte Zato

despedida.jpg

[Clíquese nas imaxes para velas a maior tamaño e resolución (1000px de largura)]

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Aí ven o maio…

Publicado o 13 Maio, 2011 na sección Normalización e Dinamización Lingüística por Sande

maio-paraguaio-2-006_0001.jpg

p5130005.JPG

Recoller fiuncho, ir empatándoo na estrutura, darlle forma a retranca das coplas… O alumnado de primeiro da ESO debutou con éxito nunha longa tradición que nesta ocasión se prolongou máis alá do Atlántico coa maxistral e fermosa danza paragüaia de Camila Silvero.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo