Actividades de formación en linguas estranxeiras 2018

https://www.edu.xunta.es/axudasle/
Prazo aberto do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (ambos incluídos)
Destinatarios:
Alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de 1º, 2º, 3º e 4º ESO, e 1º e 2º Bacharelato.
Requisitos:
- Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017-2018, na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Para as actividades de integración (1º Bacharelato, que se desenvolverán no inicio do curso 2018-2019) estar matriculado/a, no curso 2017-2018, nun centro da Rede de Centros Plurilingües.
- Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
- Nota mínima na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía de Ben ou 6, curso 2016-2017.
- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/2017.
- Ter DNI (excepto menores de 14 anos), ou NIE en vigor, segundo corresponda. No seu caso, dispoñer de pasaporte e documentación que permita viaxar ao estranxeiro

Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Pendentes 1st of Bacharelato: Activities for Revising - 5 & 6
Instruccións:
- Estas actividades teñen coma obxectivo repasar os contidos que serán avaliados na proba especial de finais de febreiro 2024.
- En cada entrega haberá 4 documentos para catro habilidades: Grammar, Vocabulary, Reading and Writing
- Descargáranse dende este sitio web en formato .pdf. Débense imprimir e facer os exercicios nos impresos.
Activities 5
Descarga

Activities 6
Descarga


Imprimir este Artigo
Rocas y Minerales (Geología 1º ESO)
LA ROCA MÁS ANTIGUA DE LA TIERRA
Los científicos han datado la roca más antigua de nuestro planeta en 4.200 millones de años.
Se trata de un gneis (roca metamórfica) y se encuentra en el noroeste de Canadá.
Según dicen los geólogos canadienses “nos da información importante acerca de cómo se formaron los primeros continentes”.
Descarga de apuntes

Imprimir este Artigo
Última clase da Profª. Rosa Segura
Despedimos con todas as honras e dignidades á Profª. Rosa Segura que hoxe impartiu a súa última clase como sensacional profesional do ensino público.
Temos que agradecerlle profundamente -e varias xeneracións de alumnado farano tamén- a súa dedicación, excelencia e compromiso con esta santa profesión, e co ensino público.
Directora, xefa de estudos, pioneira do IES do Castro -xa imos quedando menos
- e impulsora de melloras esenciais no noso instituto.
Moitas grazas, Rosa. Semper fidelis!
Imprimir este Artigo
Pendentes 1st of Bacharelato: Activities for Revising - 3 & 4
Instruccións:
- Estas actividades teñen coma obxectivo repasar os contidos que serán avaliados na proba especial de finais de febreiro 2024.
- En cada entrega haberá 4 documentos para catro habilidades: Grammar, Vocabulary, Reading and Writing
- Teñen carácter de obligatorias para comprobar o estado de compromiso do alumnado co desafío de aprobar esta materia pendente.
- Descargáranse dende este sitio web en formato .pdf. Débense imprimir e facer os exercicios nos impresos.
Activities 3
Descarga

Activities 4
Descarga


Imprimir este Artigo
Éxito do noso alumnado na Olimpiada de Bioloxía 2018
Dúas alumnas (Raquel Castiñeira Max e Marta Sanjiao Barrientos, de 2º de Bacharelato A) e dous alumnos (Denís Arribas Blanco, de 2º de Bacharelato Internacional e Yago Radziunas Salinas, de 2º de Bacharelato A) do noso IES participaron o venres pasado, 12 de xaneiro de 2018, na fase autonómica galega da XIII Olimpíada de Bioloxía, celebrada na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.
Así de relaxados estaban antes da competición:
Tras unha proba teórica e outra práctica, que realizaron xunto con outras 102 alumnas e alumnos de outros 30 centros educativos de secundaria de Galicia, resultou gañador Denís Arribas, empatado en puntos con outros dous alumnos: Javier Pérez Martínez, do IES Otero Pedrayo, de Ourense e Pedro Vieites Pérez, do IES Plurilingüe Rosalía de Castro, de Santiago.
Parabéns!!!
- Noticia do Atlántico Diario (13/01/18)
- Noticia do Correo Gallego (14/01/18)
- Páxina web do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA)
http://www.biologosdegalicia.org/olimpiada_bioloxia.html
Imprimir este Artigo














